Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: marcos_calveiro

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Presentación en Vigo de “Noites de safari” de Marleen MaLone

O xoves 10 de maio de 2018, ás 22:00 horas, no Café Badía, rúa Sanjurjo Badía, 240, Teis.Vigo, terá lugar a presentación da novela Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados de Marleen MaLone. No acto acompañará á autora o escritor Marcos Calveiro.

Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas encabezan o listado das 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de lectura no curso 2015/2016

Logo de publicar o pasado mes de novembro o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, o blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica agora o listado das 40 autoras e autores máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2015/2016. Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas ocupan o primeiro e segundo posto, respectivamente.

Os libros e autores/as máis lidos nos Clubs de lectura escolares

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, dos que 22 títulos foron publicados por Xerais. A escritora Ledicia Costas encabeza a lista dos 50 títulos, tal e como sinala a web Letra en obras, coa novela infantil Escarlatina, a cociñeira defunta á que seguen outros títulos da autora como O corazón de Xúpiter.

Un libro que é signo dos tempos: «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food», de Álex Alonso. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro  Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.

Presentación en Vigo de “Tempos de bebidas isotónicas e fast-food” de Álex Alonso

O venres, 22 de abril, ás 20:00 horas, no Café Badía, Sanjurjo Badía, 240, Vigo, terá lugar a presentación do libro Tempos de bedidas isotónicas e fast-food de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa curta Ánxel Fole. No acto participarán Marcos Calveiro, Manuel Bragado e Álex Alonso.

Marcos Calveiro: «Os cativos sempre atopan algo no libro que eu non sabía que estaba aí»

Radiofusión publicou unha entrevista co escritor Marcos Calveiro en torno ao libro Unha casiña branca.   Marcos Calveiro: «Veño falar do lixo» Puntual chegou o escritor Marcos Calveiro ao colexio Centieiras de Fene esta mañá.

Ledicia Costas e Marcos Calveiro inician as chalas en centros de ensino vigueses promovidas por Faro de Vigo

O Faro de Vigo publica unha información sobre as charlas que os escritores Ledicia Costas e Marcos Calveiro imparten en nove centros de ensino vigueses sobre a súa obra literaria dentro dunha programación promovida polo devandito xornal e o Faro da Escola.

«O reto de ilustrar un libro que me enganchou», por Marcos Viso

  O ilustrador Marcos Viso publicou no seu blog unha anotación sobre o proceso creativo arredor do libro Unha casiña branca, de Marcos Calveiro.     Unha Casiña Branca Este foi un deses traballos  nos que para min, o texto do autor (Marcos Calveiro),  por unha banda enganchan dende a primeira palabra escrita, e por outra son todo un reto á hora de ilustrar.

Gusto pola palabra, denuncia e orixinalidade: «Unha casiña branca», de Marcos Calveiro. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro Unha casiña branca, de Marcos Calveiro, ilustradopor Marcos Viso.     UN NOVO LIBRO INFANTIL DE MARCOS CALVEIRO: «Unha casiña branca» Marcos Calveiro é un autor que combina tres características na súa escrita: un bo gusto pola palabra, un carácter de denuncia e unha  grande orixinalidade  nos temas que escolle.