Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: marcos_valcárcel

No pasamento de Marcos Valcárcel

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa as súas condolencias polo pasamento de Marcos Válcarcel. Autor dunha importante obra de investigación nos eidos da historia, a literatura e o xornalismo, Marcos Valcárcel colaborou xenerosamente con Xerais ao longo de dúas décadas, tanto como autor de libros tan importantes como Historia de Ourense ou Xaquín Lourenzo.

«O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009

«O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009

No seo da cea anual organizada en Santiago por AELG foron entregados os premios AELG á mellor produción literaria do ano 2008. Entre as numerosas obras finalistas editadas por Xerais, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas, resultou o gañador na categoría do mellor libro infantil e xuvenil.

«Historia de Ourense», crítica no «Faro da Cultura»

«Historia de Ourense», crítica no «Faro da Cultura»

Xosé Antonio López Teixeira publica no «Faro da Cultura» unha crítica sobre a Historia de Ourense de Marcos Valcárcel.

Marcos Valcárcel entrevistado por «Xornal de Galicia»

Marcos Valcárcel entrevistado por «Xornal de Galicia»

Marcos Valcárcel é entrevistado hoxe por Xornal de Galicia con motivo de recibir o Premio PEN 2009 outorgado pola sección galega do International PEN Club de escritores, pola súa labor a prol da liberdade de expresión e da difusión cultural dende o seu blog; o mesmo galardón que con anterioridade obriveran Isaac Díaz Pardo e Francisco Fernández del Riego. Os nosos maiores parabéns para o noso amigo Marcos.

«Historia de Ourense», presentación

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=w8ZKM6rAppw] Tele Miño emitiu esta noticia sobre a presentación de Historia de Ourense e a homenaxe posterior a Marcos Valcárcel.

«Historia de Ourense» en «Culturas»

«Historia de Ourense» en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 29 de novembro nos suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, coincidindo coa homenaxe a Marcos Valcárcel esta crítica da súa Historia de Ourense.

Marcos Valcárcel, presentación e homenaxe

Marcos Valcárcel, presentación e homenaxe

O sábado 29, ás 19:00 horas, nas instalacións do Liceo de Ourense (Lamas Carvajal 5) presentarase Historia de Ourense o máis recente libro de Marcos Valcárcel. O acto contará coa intervención de Francisco Rodríguez Fernández (alcalde de Ourense), Alfonso Vázquez Monxardín, Manuel Bragado e o autor.

«Historia de Ourense», novo libro de Marcos Valcárcel

«Historia de Ourense», novo libro de Marcos Valcárcel

Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares de Historia de Ourense, o novo libro de Marcos Valcárcel. O libro será presentado o sábado, 29 de novembro, ás 19:00 horas no Liceo de Ourense. A continuación, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel celebrarase unha cea-homenaxe de recoñecemento de todos os amigos e amigas ao infatigable labor de Marcos a prol da cultura de noso.

“Recordar doe”, por Marcos Valcárcel

“Recordar doe”, por Marcos Valcárcel

Marcos Valcárcel publica unha fermosa anotación sobre Recordar doe, as memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro.