Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: marga_do_val

A carreira de fondo dunha intrépida amazona: «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Anotación na revista «Tempos Novos»

A revista Tempos Novos publicou unha anotación de Marga do Val sobre o libro Vivir a galope, de María Xosé Queizán. O libro está publicado por Xerais na colección Memorias. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O venres 4 de xaneiro de 2018 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. A autora estará acompañada de Marga do Val e Fran Alonso.

Presentación en Vigo de “Rosalía de Castro e o poder sexual” de María Xosé Queizán

O martes 20 de febreiro de 2018, ás 19,00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas, Biblioteca Pública Central, Joaquín Yañez, 6-2º, Vigo terá lugar a presentación do libro Rosalía de Castro e o poder sexual de María Xosé Queizán. No acto participarán a autora e Marga Doval.

Carolina Otero: a muller máis famosa, glamurosa e rica da Belle Époque. Conversa entre María Xosé Queizán e Marga do Val

A raíz da publicación da novela O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán, que inclúe un ensaio de investigación titulado «Carolina Otero, a liberdade arrogante», Marga do Val e María Xosé Queizán mantiveron unha conversa publicada en Sermos Galiza asinada pola primeira.

«Todo é silencio», «O pintor do sombreiro de Malvas» e «Randea do alento», Premios AELG

O sábado pola noite falláronse en Santiago de Compostela os Premios AELG, concedidos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. En libros de Xerais recaeron os galardóns de tres das categorías. Na categoría de Narrativa, o premio foi para Todo é silencio, de Manuel Rivas. Na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil o premio foi para O pintor do sombreiro de Malvas, de Marcos Calveiro.

Finalistas dos Premios AELG 2011

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán tamén quen escollan de entre os finalistas os galardoados. Blog Literario 1.

«Randea o alento», de Herta Müller; a novela vista por María Xosé Queizán

Enlazamos as magnificas palabras de María Xosé Queizán sobre Randea o alento, a novela de Herta Müller, na presentación do libro na librería Andel, reproducidas no blog de Feministas Independentes Galegas. Poden lerse completas no blog de FIGA. Reproducimos un pequeno extracto: Teño reflexionada sobre o feito de que en momentos de grandes traxedias e sufrimentos colectivos pode haber persoas que encontren a felicidade.

«Randea o alento», unha obra «impoñente» de Herta Müller, na crítica de Xesús González Gómez

«Randea o alento», unha obra «impoñente» de Herta Müller, na crítica de Xesús González Gómez

O crítico Xesús González Gómez publica en A Nosa Terra unha recensión sobre Randea do alento, da premio Nobel alemana Herta Müller, calificándoa como unha obra «impoñente». Ademais, a novela, traducida pola escritora Marga do Val, será presentada mañá venres na librería Andel de Vigo.

«Randea o alento», presentación o venres 14 na librería Andel de Vigo

«Randea o alento», presentación o venres 14 na librería Andel de Vigo

A libraría Andel acollerá o próximo venres 14 a presentación da novela  Randea do alento, da premio Nobel alemana Herta Müller, traducido pola escritora galega Marga do Val. O acto, que contará coa participación de María Xosé Queizán,  Valentín Arias, Marga do Val e Manuel Bragado, terá lugar o vindeiro  ás 20,00 horas. A libraría Andel está na rúa Pintor Lugrís, 10, enVigo.

«Randea do alento», de Herta Müller, recomendado en A Nosa Terra

«Randea do alento», de Herta Müller, recomendado en A Nosa Terra

Na súa sección «Un libro para cada día», A Nosa Terra recomenda Randea do alento, de Herta Müller, a última novela da Premio Nobel alemana: Leo Auberg é un mozo de 17 anos que é deportado, xunto cos outros alemáns habitantes de Romanía, a un campo de concentración soviético situado en Ucraína.

Herta Müller, unha Nobel en lingua galega

Herta Müller, unha Nobel en lingua galega

Baixo este título, «Herta Müller, unha Nobel en lingua galeg» recomendou A. M.

Xosé Carlos Caneiro aplaude a novela «Randea do alento», de Herta Müller

Xosé Carlos Caneiro aplaude a novela «Randea do alento», de Herta Müller

O escritor Xosé Carlos Caneiro aplaudiu, no seu artigo de La Voz de Galicia, a publicación de Randea do alento, de Herta Müller, sinalando que: «aquí, dende a voz dun personaxe magnífico (pola súa perfección dende óptica literaria), entramos e sentimos a voz da dor máis extrema, das ausencias que marcan a pel e os adentros, das palabras que nos seguen a definir e salvar, incluso, da sevicia e a enaxenación dos perversos.