Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: marga_tojo

Un volume que analiza as condicións económicas e sociopolíticas nas que se produce o coidado dos fillos: «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Clube de lectura en Radiofusión

Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C.M. Riveira. O libro está publicado por Xerais na colección LibroX. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Un ensaio que sitúa a maternidade no centro do debate: «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Lara Rozados sobre o libro: Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo. O libro está publicado por Xerais na colección Librox. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Marga Tojo: «`Maternidade fóra de catálogo´ foi escrito dende a experiencia dos dous ou tres primeiros anos da maternidade, que sempre son os mais duros» Entrevista no diario «Público»

O diario Público publicou unha entrevista de Henrique Mariño a Marga Tojo sobre o libro: Maternidade fóra de catálogo. O libro está publicado por Xerais na colección Librox. (Imaxe: Christian González – Diario Público). Marga Tojo: “Ao principio, a maternidade foi unha experiencia de gran soidade.

Un libro completamente actual sobre a maternidade nos tempos de hoxe. «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Comentario de Estíbaliz Espinosa no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha colaboración literaria de Estíbaliz Espinosa para falar sobre o libro Maternidade fóra de catálogo, do que é autora Marga Tojo. A reportaxe pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 16:31″.

Un libro dirixido a elucidar o papel complexo que teñen hoxe en día as nais: «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Crítica de Vicente Araguas

  O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o ensaio: Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha análise sobre as dificultades, a precariedade e a ausencia de axudas durante o proceso de crianza: «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo, no espazo da TVG «Cada día un libro»

O programa Cada día un libro da TVG dedicoulle o seu espazo ao ensaio Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo. O programa pode verse nesta ligazón.

Marga Tojo: «Ser nai é un momento único para detectar todos as carencias que ten o sistema, a falta de políticas sociais e de apoio á maternidade.» Entrevista no «Diario Cultural»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa xornalista e escritora Marga Tojo sobre o seu ensaio Maternidade fóra de catálogo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Case unha vintena de autoras e autores de Xerais participan na Festa dos Libros de Pontevedra 2018

Os días 22-23 e 24 de xuño, na Praza da Ferrería de Pontevedra terá lugar unha nova edición da Festa dos Libros. Aquí presentamos o programa de actividades de Xerais.       Venres 22 de xuño de 2018 19.00 h Manuel Lourenzo González presenta Ceiba de Luz  conversa con Manuel Bragado. Ao remate asina no Espazo da libraría Paz 20:00 h. Carlos Taboada asina A biblioteca de Pedrarcana no Espazo Lector Nobel 21.

«Contra todo isto» de Manuel Rivas e «Maternidade fóra de catálogo» de Marga Tojo, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de xuño

O ensaio Contra todo isto, de Manuel Rivas, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño. En terceiro lugar sitúase outro texto ensaístico: Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo.

Un texto aberto entre o ensaio autobiográfico e o xornalismo máis vivo: «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Crítica de Diego Ameixeiras

O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o ensaio Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un ensaio que aborda en primeira persoa a experiencia de ser nai: «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Recomendación da libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animan á lectura de Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Un relato en primeira persoa, con crueza e humor, sobre a crianza no contexto da cidade neoliberal

Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo, é unha novidade da colección LibroX. “Maternidade fóra de catálogo” é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal. Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada.