Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_lado

Presentación en Vigo de “oso, mamá, si?” de María Lado

O xoves, 26 de marzo, ás 20:00 horas, na librería Cartabón, rúa Urzáiz, 125 de Vigo, terá lugar a presentación do libro oso, mamá, si? de María Lado. No acto participarán Fran Alonso e María Lado.

María Lado: «Gústame que os personaxes asomen polos poemas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias a María Lado sobre o seu poemario  oso, mamá, si?  

A experiencia transformadora: «oso, mamá, si?», de María Lado. Comentario de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección  Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre o poemario oso, mamá, si?, de María Lado.

Novidade: «oso, mamá, si?», de María Lado. O longo e escarpado camiño vital que percorremos

oso, mamá, si?, de María Lado, é unha novidade da colección Poesía. Coidado… coidado, ti, lector; amodo, pois este libro que tes nas túas mans agora mesmo é fráxil coma o punto xusto máxico de unión de dúas cereixas nos días de primavera. Así é. Aínda que este oso, mamá, si? é brutalmente sincero coma un temporal na fisterra máis atlántica e animal.

Xerais no Culturgal 2014. Programa do domingo, 7 de decembro

Programa de Xerais para o Domingo 7 de decembro no Culturgal   19:00 horas: Espazo de Xerais. Sinatura de Javier Domínguez e Adrián Morgade autores de Los Suaves. Mi casa es el Rock ‘n’ Roll. 19:30 horas: Espazo Infantil. Presentación dramatizada do libro Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas (Premio Merlín, 2014). Participan: Daniel Landesa, María Lado, Xosé Daniel Costas Currás e Ledicia Costas.

Entrevista a María Lado en «Parlamento das Letras», de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con María Lado. Na entrevista, a autora de Cee fala das súas orixes na escrita, dos seus hábitos á hora de escribir, reflexiona sobre o estado actual da poesía e define os principais trazos da súa obra literaria. A entrevista pode lerse neste enlace.

Entrevista de Vidal Villaverde con María Lado

Manuel Vidal Villaverde publica no Galicia Hoxe unha longa entrevista coa poeta María Lado, autora de Casa atlántica, casa cabaret. A entrevista pódese ler aquí.

Kirmen Uribe na Coruña

Kirmen Uribe, autor de Bilbao-NewYork-Bilbao, Premio Nacional de Narrativa 2009, estivo onte na Coruña para participar xunto a María Lado nun recital do ciclo «Poetas di(n)versos». Un acto memorable, coducido e organizado por Yolanda Castaño, seguido por dous centenares de persoas con enorme interese e emoción.

Kirmen Uribe falará o martes na Coruña

O escritor Kirmen Uribe, autor de Bilbao-New York-Bilbao (PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2009), viaxa a Galicia o vindeiro martes, 20 de abril. Entre as 18:00 e as 19:30 horas, Uribe manterá un encontro coa prensa no Hotel NH Atlántico da Coruña coincidindo co lanzamento da súa novela Bilbao-New York-Bilbao, publicada por Xerais.