Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_lires

Uns versos que conseguen facer que o vento fale de mil formas diferentes: « Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.

Antonio García Teijeiro: «Este libro é un poemario alegre, optimista, onde a musicalidade xoga un papel importante». Anotación no xornal «Faro de Vigo» sobre: «Vento, ventiño, venteiro»

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo no que o escritor Antonio García Teijeiro reflexiona sobre o seu novo libro, Vento, ventiño, venteiro, ilustrado por María Lires e publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Uns poemas nos que o vento percorre diferentes ambientes e mundos

Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas.

Un libro que se le dunha sentada e que se deleita con cada palabra: «Kusuma», de Héctor Cajaraville Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Kusuma, de Héctor Cajaraville, ilustrado por María Sánchez Lires. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018, e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.

Un día Sara, unha nena de oito anos, atopa un tareco. Pero… que é un tareco? E que ten de especial o tareco de Sara?: «Sara ten un segredo», de Ramón Caride, no programa «Cada día un libro»

O programa Cada día un libro da TVG dedicoulle o seu espazo ao libro infantil Sara ten un segredo, de Ramón Caride, ilustrado por María Lires. O programa pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Sara ten un segredo», de Ramón Caride. A vida de Sara, unha meniña de sete anos, muda de súpeto tras o achado dun estraño obxecto

Sara ten un segredo, de Ramón Caride, ilustrado por María Lires, é unha novidade da colección de infantil e xuvenil Sopa de Libros. A vida de Sara, unha meniña de sete anos, está a piques de sufrir unha mudanza repentina. Algo abraiante vai sucederlle cando un día, atope un estraño tareco no sitio menos pensado.

Tenrura e orixinalidade: «Animalario cotián… entre irmáns», de María Lires. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o álbum ilustrado Animalario cotián… entre irmáns, escrito e iustrado por María Li   Pfr…Pfrr… Poc-poc-poc Os irmáns, irmáns e irmás, danzantes, pelexóns, incansables; ese amor miúdo que se dá, que só se dá entre irmáns e camiña polo gume do amor-odio, do quérote sen quererte, da complicidade extrema, da confidencia, do

As rifas entre si de dous irmáns: «Animalario cotián… entre irmáns», de María Lires. Crítica de Ramón Nicolás

As rifas entre si de dous irmáns: «Animalario cotián… entre irmáns», de María Lires. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o álbum ilustrado Animalario cotián… entre irmáns, escrito e iustrado por María Lires.

Un álbum divertido: «Animalario cotián… entre irmáns», de María Lires. Anotación en Trafegando ronseis

Un álbum divertido: «Animalario cotián… entre irmáns», de María Lires. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado Animalario cotián… entre irmáns, escrito e iustrado por María Lires.

Novidade: «Animalario cotián… entre irmáns», de María Lires. Todo o que lles chamamos aos nosos irmáns!

Animalario cotián… entre irmáns, escrito e iustrado por María Lires, é unha novidade da colección Merliño de Xerais.

As novidades infantís e xuvenís, no blog de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre as últimas novidades de literatura infantil e xuvenil de Xerais.     MÁIS LIBROS PARA NENOS E NENAS (OU PARA TODOS) QUE NOS PRESENTA EDICIÓNS XERAIS NAS DIVERSAS COLECCIÓNS DE LIX. Pouco se pode engadir ao que se leva dito sobre Edicións  Xerais e a súa extraordinaria aposta pola LIX galega.