Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_reimóndez

Presentación en Santiago de “A semente, a árbore, a froita”

O venres 13 de marzo, a partir das 18:30 horas, na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, rúa do Vilar 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro A semente, a árbore, a froita. Ana Pontón en conversa con María Reimóndez. No acto participarán Ana Pontón, Candidata á Presidencia da Xunta de Galiza; María Reimóndez, Escritora e activista feminista. Presenta Fran Alonso, Director de Xerais.

Novidade: «A formiga destemida», de María Reimóndez. Unha fábula sobre a importancia de afrontar a vida sen prexuízos que nos limiten

A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias.

Unha exploración do esmorecer das certezas que o amor romántico presenta como un anuncio de colonia: «Formigas nos pés», de Nazaret López. Crítica de María Reimóndez en «A Sega»

A escritora María Reimóndez publicou en A Sega unha recensión sobre a novela Formigas nos pés, de Nazaret López, publicada por Xerais na colección Narrativa.   «Formigas nos pés» de Nazaret López, por María Reimóndez As formigas, como acontece ando unha senta nunha campa no verán, son un incomodo.

Presentación e Roteiro en Lugo de “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O venres 7 de febreiro ás 20:00 horas, no Vello Cárcere, Praza da Constitución s/nº de Lugo, terá lugar a presentación do libro As estacións do lobo e do resto das novelas do Ciclo dos elementos de María Reimóndez.

Conversa a redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez

O sábado 11 de xaneiro ás 12:30 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz 125, Vigo, terá lugar unha conversa ao redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez. No acto participarán Éric Dopazo, músico e transactivista; Ana Ojea, docente, activista e titora LGBTIQ+ no Instituto Politécnico de Vigo e María Reimóndez. Haberá vermú e petiscos.

Dous libros que abordan a diversidade sexual e de xénero: «As estacións do lobo», de María Reimóndez e «Transmatria», de Daniel Asorey. Intervención de Eva Mejuto no Zig Zag Diario

Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre libros que abordan a diversidade sexual e de xénero, con mención a dúas obras publicadas por Xerais: As estacións do lobo, de María Reimóndez, e Transmatria, de Daniel Asorey. A súa intervención pode verse nesta ligazón.

Unha novela contra o amor como convención: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: As estacións do lobo, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

María Reimóndez: «A novela describe o xeito de sociabilización que somete ás mulleres e tamén aos homes a uns patróns de xénero». Entrevista en «Atlántico Diario» sobre «As estacións do lobo»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena á escritora María Reimóndez sobre o libro: As estacións do lobo, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O martes 12 de novembro de 2019, ás 20:30 horas, no Café de Catro a Catro, rúa Girona 16, Vigo, terá lugar a presentación do libro As estacións do lobo de María Reimóndez. No acto acompañarán á autora Ánxela Lema, Eva Mejuto, Montse Paz, Mercedes Peón e Eva Teijeiro.

Deixarse ir na narrativa de María Reimóndez é unha auténtica ledicia: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: As estacións do lobo, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Crítica de «As estacións do lobo» (María Reimóndez)   Partamos da evidencia de que as relacións interpersoais NUNCA son doadas. Nunca. Tanto ten que esas relacións sexan heterosexuais como homosexuais.

«As estacións do lobo», de María Reimóndez, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de outubro

As estacións do lobo, de María Reimóndez, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de outubro de 2019. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha novela que busca romper cos estereotipos, cos prexuízos mil que aínda nos perseguen: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: As estacións do lobo, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 4´40″.