Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_reimóndez

Tres motivos para ler «En vías de extinción», de María Reimóndez

A web sobre En vías de extinción, de María Reimóndez, publica tres motivos para ler a novela. Pode verse aquí.

María Reimóndez crea unha web sobre «En vías de extinción», a súa nova novela

A escritora María Reimóndez estreou unha web sobre a súa nova novela, En vías de extinción. A web ofrece información sobre a novela, os personaxes, a autora, espazos para deixar opinións, etc., e recolle información sobre as recensións críticas que se publiquen.

«En vías de extinción», de María Reimóndez: un libro de raíz

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no seu blog unha anotación sobre o libro e a presentación de En vías de extinción de María Reimóndez.   En vías de extinción Na dobre sesión do primeiro serán da Feira do Libro de Vigo presentamos En vías de extinción, a máis recente novela de María Reimóndez. Un texto escrito cos fíos da vida, aínda que, como sinalou a autora, «non ten un carácter biográfico».

Presentación de «En vías de extinción» na Feira do Libro de Vigo

O luns 2 de xullo, ás 20:00 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, presentarase En vías de extinción de María Reimóndez. No acto intervirán Michael Skinner, Manuel Bragado e María Reimóndez.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 29 de xuño ao domingo, 8 de xullo terá lugar, na Praza de Compostela,  a Feira do Libro de Vigo, 2012 na que Xerais participa cos seguintes actos: Día 2 luns 20:00 h.: Presentación de En vías de extinción de María Reimóndez. Intervirán Michael Skinner, Manuel Bragado e María Reimóndez. 21:00 h.: Presentación de A derrota de Galicia de Antón Baamonde. Intervirán Manuel Bragado e Antón Baamonde.

Novidade: «En vías de extinción», de María Reimóndez. Unha novela sobre a diversidade cultural

En vías de extinción, de María Reimóndez , é unha das novidades de Narrativa para este verán. Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas.

Éxito da lectura de María Reimóndez na Feira do Libro de Leipzig

Éxito da lectura de María Reimóndez na Feira do Libro de Leipzig

Un nutrido número de persoas astiron onte á lectura e debate ao redor da novela Pirata de María Reimóndez na Haus des Buches organizada polo Departamento de Tradución e Lingüística Aplicada e o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig. A autora foi presentada pola lectora de galego, Diana García Couso, e o catedrático de Lingüística Iberorrománica, o Prof. Dr. Carsten Sinner.

María Reimóndez, Premio Dora Vázquez 2012

A escritora e activista María Reimóndez recibiu o Premio Dora Vázquez 2012 polo seu artigo «Desobediencia». Reproducimos o vídeo do discurso da autora de libros como O club da calceta ou Pirata na recollida do premio onte en Arteixo. O premio foille entragado pola concelleira da Muller, Mujer, Fina Zas. Xerais publicará para principios deste verán a próxima novela de María Reimóndez, En vías de extinción.

María Reimóndez: «O Club da Calceta» e «Pirata» abordan as formas de violencia sutís ás que nos enfrontamos as mulleres. Entrevista de Ramón Nicolás

María Reimóndez: «O Club da Calceta» e «Pirata» abordan as formas de violencia sutís ás que nos enfrontamos as mulleres. Entrevista de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás recolle no seu blog, Caderno da crítica, unha entrevista con  María Reimóndez que publicou no número 174 da revista Que Leer.   María Reimóndez: «Experimento co estilo»   María Reimóndez (Lugo, 1975), vive en Vigo e exerce como tradutora e intérprete. Recibiu numerosos galardóns literarios e realizou diversos traballos de investigación e divulgación sobre feminismo.

María Reimóndez, na Galería de Mulleres do Concello de Muxía

María Reimóndez, na Galería de Mulleres do Concello de Muxía

A escritora María Reimóndez está este mes de febreiro na Galería de Mulleres do Concello de Muxía, unha inciativa coa que se pretende dar a coñecer cada mes o labor dunha muller no eido das artes, as letras, a ciencia, etc.

“Despois da medianoite” de Salma, no Club de Lectura do Centro de Documentación Feminista

O mércores, 25 de xaneiro, o Club de Documentación Feminista do Concello de Vigo e Implicadas no Desenvolvemento, organizan o club de lectura sobre o libro Despois da medianoite da escritora tamil Salma e traducido ao galego pola escritora e tradutora María Reimóndez. O encontro terá lugar na Biblioteca Central, rúa Joaquín Yáñez, 6 de Vigo.

María Reimóndez falou da súa obra en Italia

Galicia Confidencial informa da presenza de María Reimóndez en Italia, falando da súa obra, tal e como xa anunciara Xerais. A escritora María Reimóndez leva a literatura galega a Italia O 10 e 11 de novembro a escritora galega participou nunhas xornadas organizadas por Insula europea sobre a muller na literatura.