Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_reimóndez

Xerais, novidades do mes de xuño

Xerais, novidades do mes de xuño

Xerais publicará catorce novidades ao longo deste mes de xuño. Na colección Xerais Narrativa aparecerán as novelas A vida do outro de Carlos Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008 da Deputación Provincial da Coruña; Monte Louro de Luís Rei Núñez, Premio Blanco Amor 2009; e Pirata de María Reimóndez.  Títulos, ambos os tres, que estarán nas librarías durante a primeira quincena do mes.

“Pirata” de María Reimóndez

“Pirata” de María Reimóndez

Hoxe, ás 20:30 horas preséntase no Teatro Jofre de Ferrol O club da calceta, a película de Antón Dobao baseada na novela homónima de María Reimóndez. Coincidindo con esta estrea, anunciamos a aparición nas librarías na primeira semana de xuño da terceira e agardada novela da narradora lucense, Pirata. A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta do Williams.

«Pirata»

Pirata é o título da terceira novela de María Reimóndez que aparecerá nas librarías o vindeiro mes de maio. Dende onte, a autora abriu un blog da novela.

«O club da calceta», trailer da película

[youtube=https://www.youtube.

«O club da calceta», o trailer da película

«O club da calceta», o trailer da película

No portal Flocos pode verse o trailer da película O club da calceta, baseada na novela homónima de María Reimóndez, e dirixida por Antón Dobao.

A película «O Club da calceta» vencedora do Famafest 2009

A película «O Club da calceta» vencedora do Famafest 2009

A película O Club da calceta, adaptación cinematográfica dirixida por Antón Dobao da novela homónima de María Reimóndez, resultou vencedora do Festival Internacional de Cinema e Vídeo de Vila Nova de Famalicao (Famafest 2009). O xurado, que concedeu o galardon por unanimidade salientou da película galega «a profunda reflexión que ofrece sobre a condición feminina». Agardamos con interese a súa estrea por parte da TVG.

María Reimóndez, discurso do premio San Clemente

María Reimóndez, discurso do premio San Clemente

Do magnífico blog Trafegando Ronseis recollemos o texto íntegro da intervención de María Reimóndez na recollida do Premio Arcebispo Juan de San Clemente que obtivo por O Club da calceta. Din que o bater das ás dunha bolboreta pode afectar o clima. Hai movementos máis imperceptibles aínda que poden afectar un mundo enteiro. Eu vou falar de dous. O primeiro é un movemento moi pequeno que acontece tamén no ceo, no da boca.

María Reimóndez, premio Juan de San Clemente

María Reimóndez, premio Juan de San Clemente

Mañá, 12 de marzo, a partir das sete da tarde, María Reimóndez recibirá o XIII premio literario Juan de San Clemente na categoría de novela en lingua galega por O club da calceta. Este premio é outorgado por un xurado de lectores e lectoras, alumnos de 2º de Bacharelato de diversos institutos de Galicia.

Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos

O plan editorial 2009 de Xerais estará marcado polo trinta aniversario de creación do noso proxecto e por superar, a inicios da vindeira primavera, os tres mil títulos editados.

«Lía e as zapatillas de deporte»

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=e5-0pnNiL8k] María Reimóndez presentou en Espazo Lectura Lía e as zapatillas de deportes.

«O club da calceta», blog

«O club da calceta», blog

María Reimóndez, a autora d’ O club da calceta acaba de abrir un blog sobre este libro, os libros e a vida. Velaí as intencións da autora na primeira anotación: Aquí comeza a aventura á que durante tanto tempo me resistín. Mais os fíos do club da calceta chegan xa a tantos lugares que non quero deixar que escapen e que fiquen na escuridade.

«O club da calceta» en Monforte

«O club da calceta» en Monforte

O martes, 4 de novembro, e o mércores, 5 de novembro, ás 11:30 horas, no Edificio Multiusos de Monforte, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá dúas representacións do espectáculo «O Club da calcetaa» da compañía Teatro do Morcego.