Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_reimóndez

María Reimóndez: «Estamos vivindo procesos continuos de agresión ao común e a única alternativa é a acción colectiva.» Entrevista no «Diario Cultural» sobre «Galicia en bus»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con María Reimóndez sobre o seu libro de poemas Galicia en bus. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Galicia en bus», de María Reimóndez, no programa «Cada día un libro» da TVG. Un percorrido íntimo e, ao tempo, territorial e social

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro de poemas Galicia en bus, de María Reimóndez, premio Johán Carballeira do Concello de Bueu en 2017. O espazo pode verse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Galicia en bus” de María Reimóndez

O xoves 24 de maio de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Galicia en bus de María Reimóndez, XX Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.

Unha viaxe interior e exterior desde unha poética natural, limpa e equilibrada: o libro de poemas «Galicia en bus». Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro de poemas Galicia en bus, de María Reimóndez.   «Galicia en bus», de María Reimóndez   Equilibrada, quizá é a palabra que mellor define esta entrega de María Reimóndez na colección poética de Xerais.

Presentación en Vigo de “Contra todo isto. Un manifesto rebelde” de Manuel RIvas

O martes 22 de maio, 2018, ás 20,00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Contra todo isto. Un manifesto rebelde de Manuel Rivas. No acto participarán María Reimóndez, Manuel Bragado e Manuel Rivas.

Unha viaxe por Galicia a través da ironía, a rabia, o abraio e o afecto: «Galicia en bus», de María Reimóndez. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Galicia en bus, de María Reimóndez, XX Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Daniel Asorey, premio Johán Carballeira de Poesía por «Transmatria»

O escritor Daniel Asorey (Santiago de Compostela, 1970) é o gañador da XXI edición do premio Johán Carballeira de Poesía pola súa obra Transmatria, que será editada por Xerais na súa colección de poesía. Este premio está organizado polo Concello de Bueu e nesta edición o seu xurado estivo presidido por María Reimóndez, gañadora da edición anterior polo seu libro de poemas Galicia en bus.

Unha visión da Galicia de hoxe en día desde unha perspectiva feminista: «Galicia en bus», de María Reimóndez. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro de poemas de María Reimóndez Galicia en bus. Recensión: María Reimóndez, «Galicia en bus» Cando coñecín que María Reimóndez gañara o XX Premio de Poesía Johán Carballeira non foi unha sorpresa para min dado o seu talento para a palabra, e os versos en concreto.

9 libros infantís de Xerais na Selección 2017 de GALIX e a OEPLI

A OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, canda as súas organizacións territoriais, como GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) acaba de facer público a súa escolla e selección de 2017 nun catálogo dos mellores libros publicados, presentado na Feira de Boloña.

Opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre a novela «Corredora», de María Reimóndez

O blog As estelas dos ronseis publicou opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, publicada na colección Fóra de Xogo.

Presentación en Pontevedra de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O mércores 21 de marzo de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro As cousas que non queremos oír de María Reimóndez. No acto participarán Eva Mejuto, Manuel Bragado e María Reimóndez.

Novidade: «Galicia en bus», de María Reimóndez, Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu

Galicia en bus, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. XX Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu Galicia en bus é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo.