Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_solar

Anaír Rodríguez: «Con estes libros queriamos evidenciar que na historia de Galicia tamén houbo mulleres importantes». Entrevista no «ZigZag Fin de semana» sobre: «Pioneiras» e «Pioneiras 2»

O programa ZigZag Fin de Semana da TVG, que presenta María Solar, emitiu unha entrevista con Anaír Rodríguez e Abi Castillo, autora e ilustradora, respectivamente, do libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Quokka Moka», de María Solar. Unha divertida aventura protagonizada por unha quokka que porá ao seu mundo do revés

Quokka Moka de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar.

Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro falaron sobre: «A balada dos unicornios» e «Paseniño, paseniño» no «ZigZag Fin de Semana»

O programa ZigZag Fin de Semana da TVG emitiu unha entrevista da xornalista María Solar aos escritores Ledicia Costas, que falou sobre o seu libro: A balada dos Unicornios, gañador do Premio Lazarillo 2017; e Antonio García Teijeiro, que respondeu a preguntas sobre o seu libro de poemas: Paseniño, paseniño, editados os dous por Xerais. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Manuel Gago: «Os nazis que chegaron a Galicia na II Guerra Mundial eran como os mouros: estaban interesados no subsolo, tiñan riquezas inmensas, non se sabía moi ben de onde viñan e eran moi perigosos.»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Manuel Gago, autor da novela O exército de fume. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Pilar Ortega: «Na novela cuestiónase ata que punto unha mestra debe achegarse a unha alumna dun xeito máis persoal.» Entrevista en «Chamando á Terra» sobre «Principio de incerteza»

O programa Chamando á Terra da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Pilar Ortega, autor da novela Principio de incerteza, premio Ánxel Fole de Narrativa Breve 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Diego Ameixeiras: «’A crueldade de abril’ nace como a historia dunha vinganza na que nada é o que parece»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Diego Ameixeiras, autor da novela A crueldade de abril. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Fran Alonso: «Poesía e arte urbana encaixan moi ben porque comparten unha orixe común.»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Fran Alonso, director de Xerais e autor do libro Street Poems.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Félix Caballero: «Este libro é un tratado completo sobre a caricatura, coa figura de Siro como punto de partida.»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Siro López e Félix Caballero, autores do libro Falemos de caricatura.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Iria Misa: «É preciso que a xuventude abra os ollos ante a realidade da violencia machista, a visible e a invisible»

O programa Chamando á terra da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar á escritora Iria Misa, autora do libro Segredos no solpor. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Fina Casalderrey: «Se houbese que definir a María Victoria Moreno cunha soa palabra, esa sería “compromiso”»

 O programa Chamando á terra da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ás escritoras Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, autoras do libro María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Lois Pérez: «Como escritor debo indagar no que son e no que levo dentro para darlle forma literaria»

 O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Lois Pérez, autor do libro Long Play.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Suso de Toro: «O meu espírito crítico lévame a sentirme incómodo coa voz narradora, coa voz de alguén con moita autoridade»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Suso de Toro sobre a súa novela Fóra de si.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.