Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_victoria_moreno

«María Victoria Moreno foi pioneira na creación da literatura infantil e xuvenil en galego.» Información sobre a mesa redonda no Club Faro de Vigo arredor da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas

O xornal Faro de Vigo publicou unha información sobre a mesa redonda arredor da figura de María Victoria Moreno, e na que participaron Manuel Bragado e os autores de María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, Xavier Senín e Isabel Soto. A información pode lerse en formato pdf nesta ligazón e nestoutra.

Xavier Senín: «Hai moitas partes desta biografía que aínda hoxe non podo contalas sen emocionarme.»

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Xavier Senín sobre María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, da que é coautora Isabel Soto. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018. Revista de prensa

As novas referidas aos actos desenvolvidos con motivo do Día das Letras Galegas e arredor da figura da escritora homenaxeada nesta edición, María Victoria Moreno, ocuparon un amplo espazo nos xornais galegos. A continuación achégase unha escolma dalgunhas das informacións publicadas: Diario de Arousa: «Comprometida coa lingua, a literatura infantil e o ensino» (RAG).

«O merecido recoñecemento a unha autora pioneira e referencial na literatura infantil e xuvenil en galego.» Anotación de Manuel Bragado en «Brétemas» sobre a homenaxe en Vigo a María Victoria Moreno

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a homenaxe a María Victoria Moreno desenvolvida no Club Faro de Vigo, e na que participaron tamén os autores Xavier Senín e Isabel Soto.

«María Victoria Moreno amaba fondamente a poesía e esta formou parte da súa esencia como persoa e como escritora.» Anotación de Antonio García Teijeiro en «Versos e Aloumiños»

O escritor Antonio García Teijeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a faceta poética de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Días das Letras Galegas 2018, centrada na obra Mar adiante.

«As páxinas máis duras, sinceras e emotivas da súa vida.» Anotación da RAG sobre «Diario da luz e a sombra», de María Victoria Moreno

O portal da Real Academia Galega publica unha anotación sobre a poesía de María Victoria Moreno centrada na obra póstuma Elexías de luz, publicada por Xerais.

«María Victoria Moreno foi cidadá e escritora galega por elección consciente e persistente.» Anotación de Manuel Bragado en Brétemas sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas o seu artigo do xornal Faro de Vigo sobre a figura de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano. María Victoria Moreno e a lingua galega   O 17 de maio homenaxeamos a María Victoria Moreno, cidadá galega á que moito lle amolaba ser considerada como «unha autora estremeña (Valencia de Alcántara, 1939), que escribía en galego».

«Un ensaio maxistral.» Artigo de Xesús Alonso Montero sobre «diario da luz e a sombra», de María Victoria Moreno

O xornal La Voz de Galicia publicou un artigo do ex-presidente da RAG Xesús Alonso Montero sobre o libro de María Victoria Moreno Diario da luz e a sombra. O artigo pode lerse ou descargarse en PDF neste enlace.

«A dimensión de María Victoria Moreno como poeta non se coñeceu ata despois do seu pasamento.» Anotación da RAG sobre a poesía de María Victoria Moreno e «Elexías de luz»

O portal da Real Academia Galega publica unha anotación sobre a poesía de María Victoria Moreno centrada na obra póstuma Elexías de luz, publicada por Xerais. «A poesía íntima de María Victoria Moreno» “Sei escribir para adultos, pero non me interese escribir para eles”, dixo con rotundidade nunha ocasión María Victoria Moreno cando lle preguntaron por que decidiu dirixirse ao público máis novo.

«María Victoria Moreno estaría encantada coa actual eclosión da LIX galega.» Entrevista na web da RAG a Xavier Senín, coautor de «María Victoria Moreno, sementadora de futuro»

O portal da Real Academia Galega publica unha entrevista a Xavier Senín con motivo da publicación de María Victoria Moreno, sementadora de futuro, do que Senín é coautor xunto a Isabel Soto.

Unha biografía luminosa: «María Victoria Moreno. Sementadora de futuro», de Isabel Soto e Xavier Senín. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a biografía María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín.     María Victoria Moreno.

Un aloumiño na meixela de María Victoria Moreno: «A muller que durmía pouco e soñaba moito», de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. Artigo de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra un artigo no que fala sobre o libro María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.