Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_xesús_bello_rivas

«Reckless. Carne de pedra», de Cornelia Funke no club de lectura de Maleducadas. Vías para afondar na novela

O blog Maleducadas centra o seu Club de Lectura no libro Reckless. Carne de pedra, da alemana Cornelia Funke, traducido por María Xesús Bello Rivas e presentan algunhas vías de indagación na novela.     Reckless.

O silencioso traballo da tradutora: entrevista a María Xesús Bello Rivas, tradutora de Cornelia Funke

O blog Maleducadas publica unha entrevista con María Xesús Bello Rivas sobre o seu traballo de tradución ao galego dos libros de Cornelia Funke.

Crítica sobre «A princesa Sabela», de Cornelia Funke, no blog Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis incluíu o sábado unha crítica sobre A princesa Sabela, de Cornelia Funke. Reproducímola a continuación: Tan pronto como vin na libraría un álbum ilustrado publicado por Xerais, xa o collín. Neste caso é unha tradución dun libro que xa ten uns aniños (é do 97), a súa autora é Cornelia Funke e as ilustracións son de Kerstin Meyer.

«A princesa Sabela», de Cornelia Funke, novidade do mes de marzo

O álbum A princesa Sabela, da escritora alemana Cornelia Funke (da que Xerais publicou recentemente Reckless), ilustrado por Kerstin Meyer e en tradución de María Xesús Bello Rivas, é unha das novidades de Xerais do mes de marzo. Que aburrido é ser unha princesa! Sabela está farta de que llo dean todo feio, de ter que sorrir decote e vestir roupas bonitas e súper limpas.

Encontro dixital sobre «Reckless» con Cornelia Funke, que tratará os contos galegos

Encontro dixital sobre «Reckless» con Cornelia Funke, que tratará os contos galegos

Os lectores de El País mantiveron onte un encontro dixital en directo sobre Reckless. Carne de pedra, a última novela de Cornelia Funke lanzada en galego por Xerais simultaneamente ao seu lanzamento mundial. Durante o encontro, unha lectora dille que leu Recless en galego e pregúntalle á autora se non ten pensado vir coñecer Galicia.

«Reckless», de Cornelia Funke: crítica de Marga Romero

O suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publica hoxe unha recensión crítica de Marga Romero sobre a novela Reckless. Corazón de pedra, de Cornelia Funke. Pódese baixar en pdf. Reproducímola integramente: Feliz galano Viaxar, cando toda a terra é dos contos Cornelia Funke (Dorsten / Westfalia, Alemaña,1958) foi máis feliz cando o pasado 14 de setembro presentou a súa última novela, Reckless.

«Reckless»: Pel de aventura, crítica de Xosé Manuel Eyré

«Reckless»: Pel de aventura, crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé M. Eyré publica en A Nosa Terra unha extensa recensión sobre Reckless.

A tradutora de «Reckless» ao galego, en Radiofusión

A tradutora de «Reckless» ao galego, en Radiofusión

Radiofusión (Radios Municipais Galegas) faise eco da saída ao galego de Reckless. Carne de pedra durante o seu lanzamento internacional e, con ese motivo, entrevistaron a María Xesús Bello, tradutora da novela de Cornelia Funke á nosa lingua. Na páxina de Radiofusión, onde se dá conta da nova, poden escoitarse tamén as declaracións da tradutora.

«Reckless», artigo de Estévez-Saá

«Reckless», artigo de Estévez-Saá

El Correo Gallego publicaba onte un artigo de José Manuel Estévez-Saá sobre Reckless. Carne de pedra, de Cornelia Funke. O autor do artigo destaca o rigor da tradutora, María Xesús Bello Rivas e a decidida aposta de Xerais por este libro.

Cornelia Funke presentou «Reckless», que xa está nas librarías e tamén será levada ao cine

O último libro de Cornelia Funke xa está nas librarías. Con el, o pasado martes Xerais incorporouse por primeira vez a un lanzamento internacional dese tipo, incluíndo a tradución ao galego (autoría de María Xesús Bello) entre as linguas que participaban no evento. A presentación de Reckless. Carne de pedra tivo lugar en Nova York e foi retransmitida en directo por vídeo a través da páxina de fans da autora.

Mañá poñerase á venda «Reckless» en galego durante o lanzamento mundial

A partir de mañá estará nas librerías a tradución ao galego de Reckless. Carne de pedra, a última novela de Cornelia Funke. A coidadosa tradución, que levou á cabo María Xesús Bello Rivas, poderá adquirirse nas librerías o mesmo día en que se produce o seu lanzamento mundial nas principais linguas europeas, lanzamento no que tamén participa Xerais.

«Reckless. Carne de pedra» de Cornelia Funke, adianto dos dous primeiros capítulos

Aquí poden baixarse en pdf os dous primeiros capítulos da fermosa tradución galega preparada por María Xesús Bello Rivas de Reckless. Carne de pedra de Cornelia Funke. Como adiantabamos hai dous días, a edición en galego de Xerais, aparecerá como o resto das que participan no lanzamento mundial, o vindeiro 14 de setembro.