Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_xesús_fernández

Presentación na Coruña de “Da Carapuchiña ao señor Lamote” de Miguel Vázquez Freire

O mércores 20 de novembro ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil Durán Loriga, Rúa Durán Loriga 10,  A Coruña, terá lugar a presentación do libro Da Carapuchiña ao señor Lamote de Miguel Vázquez Freire. No acto acompañará ao autor, Mª Xesús Fernández Fernández.

Presentación na Coruña de “Tártarus” de Antonio Manuel Fraga

O sábado, 23 de abril (DÍA DO LIBRO), ás 19:00 horas, na FNAC, praza de Lugo, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Tártarus de Antonio Manuel Fraga. No acto participarán María Xesús Fernánez, Manuel Bragado e Antonio Manuel Fraga. Ao remate o autor lerá un fragmento da novel acompañado do DJ Michal Kamac.

O marabilloso poder da literatura: «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Comentario de María Xesús Fernández

A crítica María Xesús Fernández publicou na súa páxina de Facebook un comentario sobre o libro Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, que reproducimos.   Un animal chamado néboa «Desfrutei moito coa lectura deste último libro publicado por Ledicia Costas, e , aínda que poida parecer un oxímoron, tamén quedei horrorizada. Marabilloso poder da Literatura.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Mª Xesús Fernández

Xabier DoCampo, “nun lugar dos soños”

Organizado polo club de lectura da Asociación Xermolos e pola Irmandade Manuel María, o vindeiro sábado, 24 de outubro, terá lugar no Muíño do Rañego de Vilalba, baixo a denominación de “Nun lugar dos soños”, unha homenaxe ao escritor Xabier DoCampo.