Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_xosé_porteiro

«Unha viaxe cuántica onde os tempos se mesturan e o pasado só é repensable cando se interpreta desde o futuro.» Texto de María Xosé Porteiro para a presentación de «Lapis na noite», de Ramón Nicolás

A xornalista María Xosé Porteiro participou na presentación en Vigo da novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás, co texto que reproducimos a continuación. Boas tardes, camiño dunha curta noite de verán. Nesta hora temos aínda dúas ou tres de lusco fusco, pero sabemos que ela vai chegar, inexorable. Solitaria: porque poucos actos temos tan íntimos coma o xeito en que pasamos ese tempo onde reinan as sombras.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2018

Do xoves 28 de xuño ao sábado 7 de xullo, terá lugar, na Porta do Sol, a Feira do Libro de Vigo 2018 e na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Martes  3 de xullo de 2018  19:00 h Contacontos infantil a cargo de Iago López, autor de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Ao remate asinará exemplares do libro. 19:00 h Jorge Lamas asinará exemplares do seu libro Historias de Vigo.

Presentación en Vigo de “Soño de infancia” de Moncho Rouco

O venres, 24 de marzo, 2017, ás 20,00 horas, Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27,  Vigo, terá lugar a presentación do libro Soño de infancia de Moncho Rouco. No acto participarán María Xosé Porteiro, prologuista do libro; Manuel Bragado, director de Xerais e o autor.

Presentación na Coruña de “Soño de infancia” de Moncho Rouco

O martes, 21 de marzo, 2017, ás 19,30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Soño de infancia de Moncho Rouco. No acto acompañará ao autor, Xulio Ferrreiro, alcalde da Coruña; María Xosé Porteiro, prologuista do libro e Manuel Bragado, director de Xerais.