Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: marina_mayoral

Marina Mayoral ingresará na Real Academia Galega o vindeiro sábado 2 de decembro

A escritora Marina Mayoral ingresará o vindeiro sábado 2 de decembro na Real Academia Galega. Desde Xerais, transmitímoslle os nosos parabéns públicos e reproducimos a información da propia institución.   Marina Mayoral ingresa na Real Academia Galega como membro de honra o 2 de decembro Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) ingresará o vindeiro 2 de decembro na Real Academia Galega como académica de honra.

Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas encabezan o listado das 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de lectura no curso 2015/2016

Logo de publicar o pasado mes de novembro o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, o blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica agora o listado das 40 autoras e autores máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2015/2016. Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas ocupan o primeiro e segundo posto, respectivamente.

Os libros e autores/as máis lidos nos Clubs de lectura escolares

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, dos que 22 títulos foron publicados por Xerais. A escritora Ledicia Costas encabeza a lista dos 50 títulos, tal e como sinala a web Letra en obras, coa novela infantil Escarlatina, a cociñeira defunta á que seguen outros títulos da autora como O corazón de Xúpiter.

Conferencia de Marina Mayoral sobre «O anxo de Eva» en Moaña

O domingo 24 de novembro, ás 18:00 horas, no Salón de Actos do concello de Moaña, Marina Mayoral impartirá a conferencia “O anxo de Eva: amor e sexo aos trece anos” baseada na súa novela O anxo de Eva. O acto está organizado pola Biblioteca Municipal de Moaña, pola Asociación de Mulleres de Moaña e Xerais.

Conferencia de Marina Mayoral sobre «O anxo de Eva» en Foz

O venres, 22 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal Salgado Toimil, rúa de Lugo 1 de Foz, Marina Mayoral impartirá a conferencia “O anxo de Eva: amor e sexo aos trece anos” baseada na súa novela O anxo de Eva. O acto está organizado pola Biblioteca Municipal de Foz e Xerais.

O descubrimento do amor e o sexo, segundo Marina Mayoral

As presentacións e conferencias que Marina Mayoral impartiu arredor do seu libro O anxo de Eva. foron recollidas por algúns medios de comunicación, tanto La Voz de Galicia como El Progreso de Lugo. A conferencia que impartiu onte en Lugo titulábase  “O anxo de Eva: amor e sexo aos trece anos” baseada na súa novela. A información de La Voz de Galicia é de F. Molezún e a de El Progreso é de Marta Veiga.

Conferencia de Marina Mayoral sobre “O anxo de Eva” en Lugo

O xoves, 14 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Biblos, Salvador de Madariaga, 1-Local 4 de Lugo, Marina Mayoral impartirá a conferencia “O anxo de Eva: amor e sexo aos trece anos” baseada na súa novela O anxo de Eva.

Conferencia de Marina Mayoral sobre “O anxo de Eva” na Coruña

O martes, 12 de novembro, ás 19:30 horas, Marina Mayoral dará unha conferencia na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña titulada “O anxo de Eva: amor e sexo aos trece anos”. Esta conferencia está baseada na súa novela O anxo de Eva publicada por Xerais no pasado mes de xuño.

Prosa clara e suxerente: «O anxo de Eva» de Marina Mayoral. Artigo de Franco Grande

Xosé Luís Franco Grande escribiu un artigo en La Voz de Galicia sobre O anxo de Eva de Marina Mayoral.   A mestría de Marina Mayoral Vexo nesta densa, ben traballada e mellor artellada novela de Marina Mayoral unha especial capacidade para salientar o que poderiamos chamar o carácter ilusorio da realidade, como esta pode pasar da realidade inmediata aos eidos da ilusión, e á inversa.

Marina Mayoral: «As mulleres somos o último movemento emerxente». Entrevista de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou na revista Qué leer, nº 190 unha entrevista a Marina Mayoral pola súa nova novela O anxo de Eva.   «Marina Mayoral: Sempre estou en Brétema» A ÚLTIMA PROPOSTA DA ESCRITORA DE MONDOÑEDO, POLO DE AGORA EDITADA SÓ EN LINGUA GALEGA, É O ANXO DE EVA (XERAIS).

Xerais incorpora as novidades xuvenís e a poesía ao formato ebook. «Flor de area», de M. Lourenzo González, o primeiro título de Fóra de Xogo en formato dixital

Flor de area, de M. Lourenzo González, é o primeiro título de Fóra de Xogo en formato dixital, o primeiro nunha nova liña de ampliación da oferta de libro dixital, que pretende achegarse deste xeito aos lectores e lectoras xuvenís. Nas vindeiras semanas incorporaranse ao catálogo dixital, tamén para público xuvenil e na mesma colección, Endogamia 0.

Marina Mayoral: «Esta novela nace do meu interese polos problemas dos adolescentes e polas súas vivencias». Entrevista de Lourdes Varela

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo (27/06/2013) publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Marina Mayoral pola súa nova novela O anxo de Eva.