Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: martiño_noriega

Presentación en Santiago de “Contra todo isto. Un manifesto rebelde” de Manuel Rivas

O venres 15 de xuño de 2018 ás 20:00 horas en NUMAX, Concepción Areal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro Contra todo isto. Un manifesto rebelde de Manuel Rivas. No acto acompañarán ao autor Rosa Aneiros, Martiño Noriega e Manuel Bragado.

Actos de Xerais na III Feira do disco e libro galego de Monterroso

O sábado 17 de marzo, de 10:30 a 21:30 horas, n’A cúpula, Monterroso, terá lugar a III Feira do disco e libro galego de Monterroso na que Xerais organiza os seguintes actos:  13:15 horas, no Escenario, Cata literaria con Manuel Garrido autor de A Ribeira Sacra. Guía práctica. 13:45 horas, na Carpa, palestra de Xurxo Souto “Océano para terrícolas” baseada nos seu libros Contos da Coruña e Contos do mar de Irlanda.

O libro de debate político «A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017)», de Martiño Noriega e Daniel Salgado, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), de Martiño Noriega e Daniel Salgado. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Teo de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O luns 12 de marzo de 2018, ás 20,00 horas, na Mediateca do Grilo, Cacheiras-Teo, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega e Daniel Salgado. No acto participarán Martiño Noriega, Daniel Salgado e Rafa Sisto.

Presentación en Marín de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 20 de febreiro de 2018 ás 19:30 horas na librería Espacio Lector Nobel, rúa Jaime Janer, 4, Marín, terá lugar a presentació do libro A contradición permanente de Martiño Noriega e Daniel Salgado. No acto acompañará aos autores, Manuel Bragado.

Martiño Noriega: «Eu creo que na dialéctica hai que intentar dalgunha maneira conciliar os principios con determinadas conquistas e determinadas renuncias»

O xornal Sermos Galiza publica unha entrevista de Xosé Mexuto a Martiño Noriega, sobre o libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), do propio Martiño Noriega e de Daniel Salgado. (Foto de Laura R. Cuba /Sermos Galiza).

Martiño Noriega: «O libro é unha reflexión sobre estes cinco anos acelerados, durante a conformación do espazo da unidade popular e as mareas»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña ao alcalde de Compostela, Martiño Noriega, con motivo da presentación do libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), do propio Martiño Noriega e de Daniel Salgado. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Ferrol de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 6 de febreiro, ás 20:30 horas, na sede da Fundación Artábria, rúa dos Batalhons, 7 en Esteiro-Ferrol, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega  e Daniel Salgado, acompañados de Jorge Suárez, alcalde de Ferrol. Colabora a librería Central Librera Ferrol.

Presentación en Lalín de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 30 de xaneiro de 2018, ás 20:00 horas, no Casino de Lalín, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega e Daniel Salgado. No acto, organizado en colaboración coa librería Alvarellos e o Casino de Lalín, participarán Miguel Mosquera e os autores.

Presentación na Coruña de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 23 de xaneiro de 2018 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega e Daniel Salgado.

Presentación en Vigo de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 16 de xaneiro de 2018, ás 19,30 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017) de Martiño Noriega e Daniel Salgado. No acto participarán os autores e Manuel Bragado.

As convulsións da nova política: «A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017)», de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), de Martiño Noriega e Daniel Salgado.