Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: masculino_singular

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

Carlos Negro: «A metáfora que explica o libro é o afeitado, un momento de introspección no que penso que significa ser home»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Carlos Negro sobre o seu libro de poemas Masculino singular.     Carlos Negro: «As revolucións poden comezar polos detalles máis pequenos» Carlos Negro continúa o camiño andado en Penúltimas tendencias no seu novo libro, Masculino singular.

Tres alumnas do CEIP Alcalde Xosé Pichel entrevistan a Carlos Negro e María Solar

No derradeiro programa de radio do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco neste curso, tres alumnas entrevistaron a Carlos Negro e María Solar despois de ler Penúltimas tendencias, Masculino singular e As horas roubadas, a iniciativa da profesora Mercedes Queixas: Nesta ligazón pode verse a visita de Carlos Negro ao centro, que participou no club lector. E noutrouta ligazón, vemos o peche da tempada radiofónica no centro.

Novos modelos nas relacións de xénero: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de Miro Villar en Grial

O escritor Miro Villar reproduciu no seu blog  unha recensión crítica que publicou na revista Grial sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.

O home novo, a exame: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.   DIVERXENTE. O HOME NOVO A EXAME Interesa o punto de diverxencia. O punto exacto en que se deixa de ser unha cousa para ser outra.

Unha textualidade alternativa: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de María Xesús Nogueira

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de María Xesús Nogueira sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Sermos libres: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«A dúbida», de María Reimóndez, «O anxo negro», de Manuel Gago, e «Masculino singular», de Carlos Negro, encabezan o ranquing da Tabela dos libros do mes de xuño

A dúbida, de María Reimóndez, O anxo negro, de Manuel Gago, e Masculino singular, de Carlos Negro sitúanse no primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de xuño na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Crónica da presentación de «Masculino singular», de Carlos Negro, en Lalín. En Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha crónica da presentación do libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro, en Lalín.   Presentación de «Masculino Singular» Sempre é un pracer estar cos amigos, coa xente que se quere. E se un destes amigos presenta un seu libro, a satisfacción e o orgullo é dobre.

Carlos Negro: «O feminismo é unha das revolucións pendentes do século XXI»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Martín Losón a Carlos Negro sobre o seu libro de poemas Masculino singular. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Bertamiráns de “Masculino singular” de Carlos Negro

O martes, 31 de maio, ás 20:30 horas, na Cafetería Ferlós, en Bertamiráns, terá lugar a presentación do libro Masculino singular de Carlos Negro. No acto participarán Valentina Formoso, Federico Pérez e Carlos Negro.

Presentación en Lalín de “Masculino singular” de Carlos Negro

O venres, 27 de maio, ás 20:30 horas no Museo Ramón Mª Aller de Lalín, terá lugar a presentación do libro Masculino singular de Carlos Negro. No acto, organizado polo Concello de Lalín e Xerais, participarán Lara Rodríguez, Mario Pereira e Carlos Negro.