Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: medo

Xerais publica un Catálogo de Lecturas Xuvenís

Xerais acaba de publicar un Catálogo de Lecturas Xuvenís que se está a distribuír por todas as bibliotecas, principais librarías e medios de comunicación. O catálogo está organizado temáticamente: aventura, ciencia ficción, fantasía, historia, medo, misterio, mocidade, policial, social, poesía, teatro e álbum. O catálogo tamén pode consultarse ou descargarse en pdf desde a web de Xerais.

«Trampa de Luz», de Agustín Agra: homenaxe á atmósfera de Lovecraft

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Trampa de Luz, de Agustín Agra, editado na colección Fora de Xogo.   Historia adolescente Homenaxe a Lovecraft Acóllea unha colección de narrativa xuvenil mais esta Trampa de luz, do noiés Agustín Agra, encerra moitas razóns para se converter nun volume de éxito, tamén para adultos.

Terror e alegación ecolóxica: «Trampa de luz», de Agustín Agra. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Trampa de Luz, de Agustín Agra, editado na colección Fora de Xogo.   Necromicónica Agustín Agra forma parte dese escolleito grupo de escritores biólogos que, nos últimos lustros, teñen enriquecido notoriamente a nosa escrita de aventuras, intriga e terror.

Novidade: «Trampa de luz», de Agustín Agra. Unha novela de medo e fantasía

Novidade: «Trampa de luz», de Agustín Agra. Unha novela de medo e fantasía

Trampa de Luz, de Agustín Agra, é unha das novidades da colección Fóra de Xogo. Unha das actividades favoritas de Irene é sacarlle fotos a canto animal ou planta atopa para logo tratar de recoñecer a súa identidade. É unha experta en fotografar avelaíñas cunha trampa de luz. Sabe que para collelas debe pórlles unha fonte luminosa e un pouco de auga azucrada e logo agardar a que as presas acudan ao reclamo.