Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: melancolía_de_sofá

Luisa Castro entrevistada por «El Progreso»

Luisa Castro é entrevistada polo xornal El Progreso con motivo da aparición de Melancolía de sofá.

«Melancolía de sofá» de Luisa Castro, presentación hoxe en Compostela

Hoxe ás 20:00 horas presentarase na libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes) o libro de Luisa Castro, Melancolía de sofá. No acto acompañarán á autora o profesor Roberto Blanco Valdés e o editor Manuel Bragado.

«Melancolía de sofá» de Luisa Castro, crítica de Manuel Rodríguez Alonso

O INFERNO CON FADAS DENTRO Melancolía de sofá de Luisa Castro. A normalización dunha lingua e dunha literatura necesita de xéneros que moitos consideran poucos literarios ou menores, como é o artigo xornalístico literario de colaboración. Nestes artigos, o autor ofrece a súa visión subxectiva e orixinal de tipos, costumes e cuestións da nosa realidade cotiá e abranguen desde asuntos puramente locais aos de ámbito universal.

«Melancolía de sofá», Luisa Castro

En apenas dúas semanas chegarán ás librarías os exemplares de Melancolía de sofá, o primeiro libro de Luisa Castro no catálogo de Xerais. O volume recolle unha antoloxía da obra xornalística en galego que a autora de Baleas e baleas publicou nesta primeira década de 2000. A quen se dirixe un escritor cando escribe? Só se pode dicir algo desde a máis radical intimidade, desde a renuncia absoluta a auditorio ningún.

Xerais: novidades literarias de xaneiro e febreiro de 2010

Tras os días de descanso de Nadal, o equipo da editorial prepara os primeiros lanzamentos das primeiras novidades literarias de 2010. Neste mes de xaneiro aparecerán, dentro da colección Biblioteca das Letras Galegas, dous poemarios de Ramón Cabanillas: Samos, en edición de Xosé Carlos López Bernárdez e No Desterro, en edición de Xosé Ramón Pena.

Xerais, próximas novidades literarias

Anunciamos o programa de novidades literarias preparado pola editorial até finais de 2009. XERAIS NARRATIVA Sete palabras, Suso de Toro, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro). Dime algo sucio, Diego Ameixeiras, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro).