Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: mercedes_queixas

Un volume profundo, para reflexionar, para reencontrar o cordón umbilical que alimentou o viacrucis entre a Arxentina e Galiza: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Artigo de Mercedes Queixas

Mercedes Queixas publica en Sermos Galiza un artigo sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás.

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica da actividade e presentacións dos libros de Xerais na Feira do Libro da Coruña.       Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017 Rematamos onte tres días de intensa participación na Feira do Libro da Coruña.

Tres alumnas do CEIP Alcalde Xosé Pichel entrevistan a Carlos Negro e María Solar

No derradeiro programa de radio do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco neste curso, tres alumnas entrevistaron a Carlos Negro e María Solar despois de ler Penúltimas tendencias, Masculino singular e As horas roubadas, a iniciativa da profesora Mercedes Queixas: Nesta ligazón pode verse a visita de Carlos Negro ao centro, que participou no club lector. E noutrouta ligazón, vemos o peche da tempada radiofónica no centro.

Presentación na Coruña de “Non hai outro camiño” de Isaac Xubín

O martes, 4 de abril, 2017, ás 20,00 horas, en Linda Rama, Porta de Aires, 4, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Non hai outro camiño de Isaac Xubín. No acto participarán Mercedes Queixas, Manuel Bragado e Isaac Xubín.

Programa radiofónico escolar no Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel sobre diversos libros de María Reimóndez

O blog do Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco publicou unha información e un  programa radiofónico, realizado desde Radio Cuac por catro alumnas de 3º da ESO, baixo a responsabilidade da profesora Mercedes Queixas, sobre diversos  libros de María Reimóndez:  Usha, Volvo! O regreso de Usha e  A dúbida (a partir do minuto 20:18). O programa radiofónico pode escoitarse nesta ligazón.

Crítica en catalán do profesor Pere Comellas sobre «De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal», de Mercedes Queixas

Pere Comellas, profesor de Estudos Portugueses da UB, publicou no Blog de l’ Escola de Llibreria unha recensión crítica sobre o libro De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, de Mercedes Queixas, subtitulado «Breve historia da literatura galega».     De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .

Mulleres con personalidade, con voz propia, que reclaman para si un tempo: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Artigo de Mercedes Queixas

Mercedes Queixas publica en Sermos Galiza un artigo sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   O tempo… ese obxectivo Cantos máis camiños se busquen e promovan para invisibilizar a historia dun pobo, máis se reforzarán as capas sedimentarias desa historia interna.

Mercedes Queixas: «Intentei crear unha historia da literatura galega moi divulgativa»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Mercedes Queixas sobre o seu libro De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, subtitulado «Breve historia da literatura galega». A entrevista pode verse nesta ligazón.

Mercedes Queixas: «A historia literaria galega é un proceso vivo»

Mercedes Queixas: «A historia literaria galega é un proceso vivo»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación o libro De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, de Mercedes Queixas, subtitulado «Breve historia da literatura galega».

Actos de Xerais na Feira do Libro de Santiago 2016

Do 30 de abril ao 10 de maio, na Alameda,  terá lugar a Feira do Libro de Santiago 2016 na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Día 2 de maio, luns, ás 20:00 h.: Presentación de De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal  de Mercedes Queixas Zas con Manuel Bragado.   Día 3 de maio, martes, ás 20:30 h.: Presentación de O volframio en Varilongo de Carmen Blanco Ramos con Manuel Bragado.

Mercedes Queixas: «Este libro naceu coa intención de facer unha historia da literatura galega sintética, breve, cunha ollada diferente»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, de Mercedes Queixas, subtitulado «Breve historia da literatura galega».     «De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal» Fermoso acto na Linda Rama da Porta de Aires coruñesa no que onte presentamos De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .

Presentación na Coruña de “De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal” de Mercedes Queixas

O mércores, 13 de abril, ás 20:00 horas, en Linda Rama Café e Livros, rúa Porta de Aires, 4, A Coruña, terá lugar a presentación do libro De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal de Mercedes Queixas Zas. No acto participarán Xabier P. DoCampo, Alberte Sánchez, Manuel Bragado e Mercedes Queixas Zas.