Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: michigan_acaso_michigan

Presentación en Pontevedra de “Michigan/Acaso Michigan” de Antón Reixa

O venres 23 de novembro de 2018 ás 19:30 horas, na libraría Cronopios, Frei Juan de Navarrete, 5, Pontevedra, a xornalista de Onda Cero Susana Pedreira entrevistará a Antón Reixa, autor do libro Michigan/Acaso Michigan.

Un relato híbrido entre o poético e a narración confesional: «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Crítica de Diego Ameixeiras no suplemento Fugas

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, de Antón Reixa. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha gran parábola sobre o caprichoso azar do destino: «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, de Antón Reixa. O libro está editado por Xerais na colección: Grandes Obras – Edicións Singulares. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un proceso reflexivo sobre como un instante da túa vida pode variar o rumbo desta. «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, de Antón Reixa. O libro está editado por Xerais na colección: Grandes Obras – Edicións Singulares. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

A crónica dunha viaxe polo Gobi do real. «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Artigo de Santiago Jaureguizar

  Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Michigan/Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, do que é autor Antón Reixa. A obra está editada por Xerais na colección Grandes Obras / Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Clausura da vídeo instalación baseada no libro “Michigan / Acaso Michigan” de Antón Reixa

O mércores 14 de novembro de 2018, ás 20:00 horas, na Fundación DIDAC, Rúa Pérez Costanti 12, baixo, Santiago de Compostela, terá lugar o acto de clausura da vídeo instalación baseada no libro Michigan / Acaso Michigan de Antón Reixa. No acto participarán Chus Pato (autora do prólogo), Daniel Salgado (autor do epílogo) e Antón Reixa.

«E mentres tanto, ti en Michigan». Anotación nos medios sobre a presentación de: «Michigan/Acaso Michigan», de Antón Reixa

O sábado, 27 de outubro de 2018, celebrouse na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela a inauguración da exposición e a presentación do libro Michigan/Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma de Antón Reixa. O acto contou coas intervencións de Xosé Luís Canido, Antón Reixa e Fran Alonso.

Antón Reixa: «Cando se produce un coma non hai contacto ningún co sobrenatural, non hai un túnel… O que hai é un barullo increíble». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Michigan/AcasoMichigan»

O programa Diario Cultural  da Radio Galega emitiu unha entrevista ao escritor, músico e cineasta Antón Reixa sobre o seu libro: Michigan/Acaso Michigan, editado por Xerais na colección Edicións Singulares. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

A crónica dunha experiencia brutal e decisiva. «Michigan/Acaso Michigan», de Antón Reixa. Anotación no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: Michigan / Acaso Michigan, de Antón Reixa. O libro está editado por Xerais na colección Edicións Singulares.   «Michigan/Acaso Michigan» O 27 de outubro de 2016 a vida de Antón Reixa partiu en dous. Quedou durmido mentres conducía en dirección Madrid, saíu da estrada e a violenta colisión desembocou en 18 días de coma inducido.

Novidade: «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Un libro abraiante, rescatado das fendas máis profundas e incontrolables do cerebro do ser humano e das súas posibilidades creativas

Michigan / Acaso Michigan, de Antón Reixa, é unha novidade da colección Edicións Singulares de Xerais. O 27 de outubro de 2016, Antón Reixa sufre un complicado accidente de tráfico durante unha viaxe a Madrid: fractura aberta de tibia e peroné, fractura de calcáneo, vértebra L2, máis dunha ducia de costelas rotas e contusión pulmonar que pode provocar colapso respiratorio e remata nun coma inducido durante 18 días.

Presentación en Santiago de “Michigan/Acaso Michigan” de Antón Reixa

O sábado 27 de outubro, ás 12:00 horas, na Fundación DIDAC, Rúa Pérez Costanti 12, baixo, Santiago de Compostela, terá lugar a inauguración da exposición e presentación do libro Michigan/Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma de Antón Reixa.