Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: miguel_mirás

Miguel Mirás: «Este libro está feito para que todo o mundo poida aprender con el». Anotación en GCiencia sobre: «Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas»

GCiencia, a revista on line de xornalismo e divulgación, publicou unha noticia sobre a presentación na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela do libro: Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas, do que son autores Nicanor Alonso e Miguel Mirás. O libro está publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia (Foto: DUVI).

Presentación na USC de “Mate-glifos” de Nicanor Alonso e Miguel Mirás

O luns 7 de outubro, ás 18:00 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas das USC, terá lugar a presentación do libro Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. No acto participarán Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC; Nicanor Alonso e Miguel Mirás, autores do libro; e Fran Alonso.

Nicanor Alonso e Miguel Mirás: «Non existe outro texto destas características». Entrevista no DUVI sobre: «Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas»

O DUVI -Diario da Universidade de Vigo- publicou unha entrevista con Nicanor Alonso e Miguel Mirás, autores do libro: Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas. O libro está publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia.

Novidade: «Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas», de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Un percorrido pola historia das matemáticas a través dos seus símbolos

Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas, de Nicanor Alonso e Miguel Mirás, é unha novidade da colección Básicos da Ciencia de Xerais. Cunha linguaxe accesible a todos os públicos, este libro percorre a historia das matemáticas a través dos seus símbolos, dende os glifos dos xeroglíficos exipcios ata a sofisticada notación actual.