Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: mil_cousas_poden_pasar

Jacobo Fernández Serrano: «Na banda deseñada en galego conseguir facer sagas longas foi até agora bastante complicado»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor Jacobo Fernández Serrano centrado en Marcopola.   Jacobo Fernández Serrano: “O tempo verbal das miñas obras é o pretérito xogativo” É un dos artistas gráficos máis destacados do momento. Técnica depurada e imaxinación sen límites.

Marcos Calveiro e Jacobo Fernández Serrano, no blog do Colexio Divino Maestro de Lugo

Marcos Calveiro e Jacobo Fernández Serrano, no blog do Colexio Divino Maestro de Lugo

Blog da Biblioteca e do ENDL do Colexio Divino Maestro de Lugo publicou dúas anotacións sobre as visitas ao centro de Marcos Calveiro, con Palabras de auga, Premio Merlín 2012, e Jacobo Fernández Serrano, con Mil cousas poden pasar.

«Mil cousas poden pasar», de Jacobo Fernández Serrano, traducido ao portugués no Brasil. Recensión crítica da edición brasileira

Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano, traduciuse ao portugués no Brasil. Andreia Santana publica unha recensión crítica do libro no blog Mar de Histórias.   Uma história de amor com gosto de infância Quem já leu Luna Clara e Apolo 11, de Adriana Falcão, vai se identificar de imediato com Mil coisas podem acontecer, de Jacobo Fernández Serrano, que no Brasil ganhou edição da Autêntica.

Ritmo frenético e moito humor en «Mil cousas poden pasar. Libro II», de Jacobo Fernández Serrano. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Mil cousas poden pasar. Libro II, de Jacobo Fernández Serrano.

«Mil cousas poden pasar. Libro II», de Jacobo Fernández Serrano, xa está nas librerías

Mil cousas poden pasar. Libro II, de Jacobo Fernández Serrano, é unha das novidades da colección Merlín deste outono. Ademais, lembramos que o autor mantén un blog sobre os libros de Mil cousas onde publica todos os días unha anotación: «curiosidades, debuxos a lapis, a veces poño algún video, falo dalgún persoaxe, anuncio algunha das sorpresas do libro, e ese tipo de cousas». Mil cousas poden pasar.

XXV Premios Merlín

Foto conmemorativa da XXVª edición do Premio Merlín. Illa de san Simón, 12 de xuño de 2010. Algúns dos autores e autoras que obtiveron o Premio Merlín.

Jacobo Fernández Serrano presenta «Mil cousas poden pasar» en Espazo Lectura

Hoxe, sábado, 24 de abril, ás 12:00 horas, na Biblioteca Pública de Gondomar, o escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano participa no club de lectura Lendo Contigo de Espazo Lectura.  Nesta ocasión, ademais de contar coa presenza do autor, o club prepara outras moitas sorpresas: música de tuba, concursos fantásticos e presentacións inesperadas. Unha cita imprescindible arredor da lectura para toda a familia.

«Mil cousas poden pasar» xa ten blog

Recomendamos moi vivamente visitar o blog de Mil cousas poden pasar, a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. No blog recóllense as numerosas presentacións que do libro se están facendo en diversos centros escolares cunha acollida entusiasta por parte dos lectores e lectoras. Os nosos parabéns para Jacobo que xa prepara a segunda parte desta obra formidable.

«De como cheguei á marabilliña», anotación de Xosé Manuel Eyré

Transcribimos a anotación de Xosé Manuel Eyré publicada no seu blog sobre Mil cousas poden pasar. Libro I de Jacobo Fernández Serrano, premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Unha pequena marabilla, ía falar diso. Defino así a lectura que estou facendo estes días. Defínoa así, moi traballosamente porque non é nada doado, nada. Primeiramente. Non quero renunciar a “pequena”.

«”Mil cousas poden pasar”: viaxes polos vieiros da imaxinación»

Baixo o título «Vieiros polos camiños da imaxinación», Héitor Mera publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Reproducimos o texto na súa totalidade: Falabamos nunha recensión anterior de tres variables que se deberían de dar nun libro concibido para lectores infantes.

«Mil cousas poden pasar», presentación de Chus Pereiro

Teño o gusto de me atopar aquí na presentación dun libro que acho fermosísimo  na forma e no fondo. A obra parte do feitizo dos contos tradicionais e ten os trazos dun clásico, tanto así no formato (portada e ilustracións sinxelas e detalladas) como no texto (a disposición en tres partes, os títulos que anteceden os capítulos, o encadramento do relato nun tempo pasado e impreciso,  aparición de personaxes míticos).

«Mil cousas poden pasar»: contador de fantasías, crítica de Isabel Soto

Isabel Soto publica no espazo crítico de «lg3» unha fermosa crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do premio Merlín 2009. Baixo o título de «Contador de fantasía», Soto rastrexa na obra de Jacobo Fernández Serrano, descubrindo nela algúns dos antecedentes presentes na historia protagonizada por Lina e Pouco.