Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: mini_e_mero

“A miña primeira Rosalía” en Concerto en Brión

O venres, 27 xuño, ás 20:30 horas, no Centro Social Polivalente de Brión, terá lugar o concerto A miña primeira Rosalía Participarán Mero, María Manuela, Xiana Lastra e Mini.

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Ortigueira

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Ortigueira

O luns, 30 de decembro, ás 20,30 horas, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira celebrarase o concerto «A miña primeira Rosalía». A miña primeira Rosalía é un libro-CD que acaba de publicar Edicións Xerais De Galicia, da autoría de Xiana e Xosé Lastra. A parte musical desenvólvese igualmente nun concerto do mesmo nome, nun espectáculo que se acaba de estrear e Ferrol (Teatro Jofre) e en Santiago (Teatro Principal).

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Oleiros

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Oleiros

O venres, 20 de decembro, ás 21 horas, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica de Oleiros celebrarase o concerto «A miña primeira Rosalía». A miña primeira Rosalía é un libro-CD que acaba de publicar Edicións Xerais De Galicia, da autoría de Xiana e Xosé Lastra.

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Lugo

O sábado 14 de decembro, ás 21 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo celebrarase o concerto «A miña primeira Rosalía». A miña primeira Rosalía é un libro-CD que acaba de publicar Edicións Xerais De Galicia, da autoría de Xiana e Xosé Lastra. A parte musical desenvólvese igualmente nun concerto do mesmo nome, nun espectáculo que se acaba de estrear e Ferrol (Teatro Jofre) e en Santiago (Teatro Principal).

O concerto «O meu primeiro Celso Emilio» estará o venres en Rubiáns (Vilagarcía)

Tanto Faro de Vigo como Diario de Arousa informan sobre o concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra. O concerto está baseado no álbum infanitl ilustrado O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

Vídeo de «O meu primeiro Celso Emilio» en concerto

Reproducimos o vídeo, producido por Casa de Tolos, das actuacións musicais durante a presentación do álbum O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales. O concerto tivo lugar o pasado 6 de marzo no Teatro Colón da Coruña e actuaron María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra.

O Teatro Colón da Coruña cantaralle mañá a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario. Concerto con Xiana Lastra, María Manuela, Mini e Mero

O xornal El Ideal Gallego publicou unha ampla reportaxe sobre o espectáculo en torno ao  álbum O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales , que vai ter lugar mañá mércores, 6 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Colón da Coruña, co concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto na Coruña

O mércores, 6 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Colón da Coruña, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra. Este acto, organizado pola Fundación Celso Emilio Ferreiro e Xerais,  conta con proxeccións, intervencións e actuacións musicais  que os autores ofrecen arredor do libro O meu primeiro Celso Emilio.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto

O venres, 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio no Círculo das Artes de Lugo. Actuarán María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra.

“O meu primeiro Celso Emilio”, entrevistas a Xosé e Xiana Lastra

O programa “Viraventos” de Radiofusión do 27 de xullo fíxose eco da publicación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio. Aquí pódese escoitar a entrevista a Xosé Lastra, co-autor do libro. Pola súa banda, o programa “Somos quen” da Radio Galega do 28 de xullo entrevistou a Xiana Lastra, co-autora e intérprete dalgunha das pezas. Aquí (a partir do minuto 30:41) pode escoitarse.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto

Manuel Bragado, director de Xerais, publica no seu blog unha crónica do que foi a presentación en Teo do librodisco O meu primeiro Celso Emilio. Reproducímola: Memorable foi o concerto no Auditorio Municipal de Teo de presentación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio. Unha gozada escoitar oito poemas de Celso Emilio interpretados por unha ducia de músicos extraordinarios.

Presentación de “O meu primeiro Celso Emilio” en Teo

O venres, 27 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Teo, terá lugar a presentación do libro O meu primeiro Celso Emilio de Xosé e Xiana Lastra. No acto participarán Carme Hermida, Manuel Bragado e Xosé Lastra. Logo da presentación, María Manuela, Mero, Mini e Xiana darán un concerto das pezas do CD que acompaña ao libro. Este acto realízase coa colaboración do Concello de Teo. Booktrailer do libro.