Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: misión_parís

Cinco novelas de Xerais finalistas dos Premios Frei Martín Sarmiento

Rubicundo de María Canosa; Misión Nova York, da serie Formig4s de Pere Tobaruela; O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo, de Jaureguizar; A neve interminable, de Agustín Fernández Paz e  De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo, son os libros de Xerais elixidos finalistas nas diferentes categorías da XII edición do Premio Frei Martín Sarmiento.

Pere Tobaruela estará mañá sábado no Lendo Contigo, en Gondomar, con «Formigas»

O primeiro volume da serie Formig4s, de Pere Tobaruela, centrará mañá sábado 29 de xaneiro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.   As formigas invaden o Lendo Contigo Este sábado 31 de xaneiro, celébrase a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. A lectura que lemos nesta ocasión é Formigas.

Acción e bo humor: «Formig4s. Misión París», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Formig4s. Misión París, o primeiro título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Formig4as, unha serie de novela de aventuras

Formig4as, unha serie de novela de aventuras

Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Carme Vidal sobre a nova serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.

Serie intrépida: «Formig4as», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Crítica en Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil, publica unha recensión crítica de Romina Bal sobre a nova serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.   Roben por nós facéndonos cóxegas Roben por nós e están presentes en todo o souto, de patas miúdas van lixeiras, moi ás présas, carrexando sen cesar.

Moi bos e actuais relatos. Crítica de Rodríguez Alonso sobre a serie «Formig4s», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide, que conta xa con dous títulos: Formig4s. Misión París e Formig4s. Misión Nova York.

Unha gran proposta: «Formig4s. Misión París», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre Marcopola, a Illa Remeira 3: Dragoneta!, escrita e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano   Formig4s Pere Tobaruela e Andrés Meixide son os autores da nova serie  Formig4s que publica a editorial Xerais. Unha gran proposta, por certo, para ese lectorado que non é infantil de todo e que tampouco é adolescente, e que andaba falto de lecturas apropiadas na nosa lingua.

Proposta híbrida e rica: «Formig4s. Misión París», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión sobre Formig4s. Misión París, o primeiro título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.     Formig4s.

Formig4as, unha colección de aventuras para coñecer as cidades do mundo. Reportaxe de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Carme Vidal sobre a nova serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Novidade: «Formig4s. Misión París», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Un caso en Francia

Formig4s. Misión París, é o primeiro título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide. FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. “Misión París”, leva os FORMIG4S á capital de Francia. O caso empeza no cemiterio Père Lachaise.

Chegaron os «Formig4s», unha serie para lectores/as preadolescentes

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os primeiros exemplares da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.