Publicado o 21 Maio, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Lectura
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha selección de libros para o confinamento, con mención a varios títulos publicados por Xerais: Singamia 1.1, de Ramón Caride; Se isto é un home, de Primo Levi; O mar que nos leva, de Moncha Fuentes; Os corpos invisibles, de Emma Pedreira; A póla branca, de Xavier Seoane; Transmatria, de Daniel Asorey e Chegamos despois a una terra gris, de Raúl Dans.
Ler máis →
Publicado o 23 Xaneiro, 2020 nas categorías Críticas, Narrativa
O xornal Diario de Pontevedra publicou unha anotación asinada por Ángel García Carragal sobre o libro: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio da Crítica Galega (Creación), 2019.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 14 Novembro, 2019 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
O xornal Diario de Pontevedra publicou unha noticia sobre a concesión do Premio da Crítica de Galicia, na súa modalidade de Creación Literaria, ao libro: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes, publicado por Xerais na colección Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 6 Marzo, 2019 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Moncha Fuentes sobre o libro: O mar que nos leva, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Praza Pública).
Moncha Fuentes: “Intentei apreixar literariamente os momentos históricos que sentía máis próximos pola súa relevancia no devir do noso país”
Unha muller que se atopa nun momento moi complicado olla para atrás.
Ler máis →
Publicado o 22 Febreiro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes. O libro está editado por Xerais na colección Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 18 Febreiro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 14 Xaneiro, 2019 nas categorías Críticas, Narrativa
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre a novela: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 14 Xaneiro, 2019 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro O mar que nos leva, de Moncha Fuentes. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 20 Decembro, 2018 nas categorías Críticas, Narrativa, Radio
O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 17 Decembro, 2018 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Pilar Ponte sobre o libro: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2018 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres 21 de decembro de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro O mar que nos leva de Moncha Fuentes.
No acto acompañarán á autora Rosa López, Xosé Ramón Pena e Fran Alonso.
Ler máis →
Publicado o 12 Decembro, 2018 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela á escritora Moncha Fuentes sobre a novela O mar que nos leva. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →