Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: moncho_rouco

Unha novela para ler e desfrutar: «Soño de infancia», de Moncho Rouco. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela Soño de infancia, de Moncho Rouco. Aqueles anos De súpeto, os últimos cincuenta anos mudaron por completo a forma pasar o tempo de lecer. Por se non tiveramos pouco co cine, a radio e televisión, as novas tecnoloxíasviñeron mudar por completo o xeito de pasar o tempo xogando.

Novela de non-ficción na que conviven a fabulación e o real: «Soño de infancia», de Moncho Rouco. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro Soño de infancia, de Moncho Rouco. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Ten moito que contar e sabe contalo: «Soño de infancia», de Moncho Rouco. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro Soño de infancia, de Moncho Rouco. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

XG00263501

Ritmo trepidante e sinxeleza narrativa: «Soño de infancia» de Moncho Rouco. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Soño de infancia, de Moncho Rouco.   «Soño de infancia» de Moncho Rouco Presentamos onte na Casa do Libro de Vigo Soño de infancia a novela coa que debuta Moncho Rouco, escritor galego residente en Canarias dende hai tres décadas.

Moncho Rouco: «​A miña novela ‘Soño de infancia’ naceu para trasladar unhas vivencias e un tempo aos meus fillos»

Mundiario publicou unha entrevista con Moncho Rouco sobre a súa novela Soño de infancia, que se presenta hoxe en Vigo (20:00 horas na Casa do Libro).     Moncho Rouco: «​Soño de infancia nació para trasladar unas vivencias y un tiempo a mis hijos» Su novela está a medio camino entre el recuerdo pausado propio de los libros de memorias y el ritmo vibrante de los relatos de aventuras.

Presentación en Vigo de “Soño de infancia” de Moncho Rouco

O venres, 24 de marzo, 2017, ás 20,00 horas, Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27,  Vigo, terá lugar a presentación do libro Soño de infancia de Moncho Rouco. No acto participarán María Xosé Porteiro, prologuista do libro; Manuel Bragado, director de Xerais e o autor.

Presentación na Coruña de “Soño de infancia” de Moncho Rouco

O martes, 21 de marzo, 2017, ás 19,30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Soño de infancia de Moncho Rouco. No acto acompañará ao autor, Xulio Ferrreiro, alcalde da Coruña; María Xosé Porteiro, prologuista do libro e Manuel Bragado, director de Xerais.

Novidade: «Soño de infancia», de Moncho Rouco. Entre a lembranza dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de aventuras

Soño de infancia, de Moncho Rouco, é unha novidade de Xerais.