Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: mondoñedo_10

Chus Pato: «O Premio Mondoñedo 10 é xa o Nobel da literatura galega»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de María Cuadrado sobre a entrega do Premio Mondoñedo 10 á poeta Chus Pato, polo seu libro Hordas de escritura,   Chus Pato: «O Premio Mondoñedo 10 é xa o Nobel da literatura galega» La escritora recibió ayer el galardón en la jornada final de las fiestas de As San Lucas Cita especial con la música, la cultura y la poesía en el último día de As San Lucas.

«Hordas de escritura», de Chus Pato, Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro de poesía da última década

O libro Hordas de escritura, de Chus Pato, publicado por Xerais en 2008, recibiu o Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro de poesía da última década.

«Atravesar o fantasma», de Carlos Callón, e «Hordas de escritura», de Chus Pato, finalistas do Premio Mondoñedo 10

A Asociación As San Lucas, acaba de facer público os libros finalistas do Premio Mondoñedo 10, que este ano elixe o mellor libro de poemas dos dez últimos anos. Entre os finalistas, figuran dous libros publicados por Xerais: Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, e Hordas de escritura, de Chus Pato. O xurado reunirase o domingo 15 para elixir o libro gañador entre os 13 finalistas.

María Reimóndez, Manuel Rivas e Agustín Fernández Paz, finalistas de Xerais nos Premios Mondoñedo 10 (modalidade Narrativa)

O escritor Agustín Fernández Paz coa novela Non hai noite tan longa, a escritora  María Reimóndez con O club da calceta e Manuel Rivas con Os libros arden mal son as tres novelas finalistas de Xerais, dun total de seis, dos Premios Mondoñedo 10 na modalidade de Narrativa.