Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: montse_dopico

María Canosa: «Escribo libros que eu creo que se deben escribir, non só libros que se queiran ler». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora María Canosa sobre varios dos seus libros, entre os que se atopan: Muriel, A cazadora de estrelas e O lado do que dormes, publicados por Xerais.

Puri Ameixide : «Para a arquitectura da novela inspireime nas grandes novelas decimonónicas». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre: «Claro de lúa»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Puri Ameixide sobre o libro: Claro de lúa, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Cedida – Praza Pública) Puri Ameixide: “Estaba farta de personaxes masculinos fascinantes e perigosos aos que redimir e reformar por amor” ‘Claro de lúa’ (Xerais) é unha novela decimonónica, mais pensada desde o século XXI.

Xabier Paz: «Quixen retratar un ser humano próximo, cos seus hábitos domésticos e leceres, cos fracasos íntimos e as derrotas familiares». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre «Galileo no espello da noite»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Xabier Paz sobre o libro: Galileo no espello da noite, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Presentación virtual do libro “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O xoves 4 de xuño ás 18:30 horas, por medio da plataforma Zoom e coa Libraría Lila de Lilith, a escritora María Reimóndez presenta As estacións do lobo e o resto de entregas do “Ciclo dos elementos”. Se queres participar envía un correo a liladelilith@gmail.com para recibir as claves da xuntanza. As persoas participantes deste encontro terán un detalliño ao mercar na Lila na semana posterior á presentación.

Emma Pedreira: «As cartas levan o peso da historia, funcionan como catalizador da acción e como espiña dorsal da novela». Entrevista no «Praza Pública» sobre: «Os corpos invisibles»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Emma Pedreira sobre o libro: Os corpos invisibles, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Presentación en Compostela de “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O sábado 14 de marzo de 2020, ás 12:30 horas, na Casa do Taberneiro, rúa San Pedro 15, Santiago de Compotela, terá lugar a presentación do libro As estacións do lobo e do resto de entregas do Ciclo dos elementos: En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos e As cousas que non queremos oír de María Reimóndez.

Suso de Toro: «O determinante do valor dunha obra para que sexa atendida é a posición de poder que teña o autor» Entrevista no «Praza Pública» sobre « Dentro da literatura»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Suso de Toro sobre o libro: Dentro da literatura, publicado por Xerais na colección Ensaio. (Imaxe: Mariña de Toro – Praza Pública).

Xesús Constenla: «Gústame explorar os lugares máis tépedos e máis turbios da experiencia humana» Entrevista no «Praza Pública» sobre « A rotura das paisaxes»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Xesús Constenla na que fala sobre o libro: A rotura das paisaxes, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Jorge Fernández Seoane- Praza Pública).   XESÚS CONSTENLA: “Non todo pode ser novela negra e material de consumo para institutos.

Ledicia Costas: «Nos meus libros hai sufrimento, pero sempre deixo un espazo importante para esas luces que escintilan no medio da noite» Entrevista no «Praza Pública» sobre « Infamia»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Ledicia Costas sobre o libro: Infamia e, en xeral, sobre os últimos libros publicados pola escritora. (Imaxe: Manuel G. Vicente – Praza Pública).   LEDICIA COSTAS: “En `Infamia´hai unha sociedade enferma.

Daniel Asorey: «Escribo para tentar escoitar a voz de quen moitas veces foi silenciado» Entrevista no «Praza Pública» sobre «Transmatria» e «As mulleres da fin do mundo»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Daniel Asorey sobre os libros: Transmatria e As mulleres da fin do mundo, publicados por Xerais. (Imaxe: Jackson Renner – Praza Pública).   DANIEL ASOREY: “Ningún dereito conquistado está garantido para sempre e a vaga ultraconservadora actual vai decididamente contra as mulleres” Distopía, mais tamén utopía.

Ramón Vilar Landeira: «Este libro pode ser unha novela frustrada, ou un libro de relatos, ou simplemente literatura» Entrevista no «Praza Pública» sobre «Un peixe no parqué»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Ramón Vilar Landeira sobre o libro: Un peixe no parqué. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. (Imaxe: Pablo Quinteiro – Praza Pública).   RAMÓN VILAR LANDEIRA: “O que marca o escenario post-crise é un cambio mental.

Helena González : «Interesábame achegar a Rosalía aos lectores e lectoras do noso tempo dende unha lectura feminista» Entrevista no «Praza Pública» sobre «Rosalía feminista»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Helena González sobre o libro: Rosalía feminista. O libro está publicado por Xerais na colección: Poesía. (Imaxe: Ramón Moretó – Praza Pública).