Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: montserrat_pena_presas

Moito máis que unha novela sobre un mozo ‘trans’, unha historia de amizade, superación e autoafirmación: «Fóra do normal», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena Presas en «Chamando á Terra»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre Fóra do normal, de María Reimóndez, ilustrado por Antonio Seijas, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón (a partir do minuto 28.30).

Unha marabilla editorial na que o tándem Cobas-DoCampo acada o cénit da súa fusión estético-narrativa: «O libro das viaxes imaxinarias», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Montse Pena Presas

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

«Contra todo isto» de Manuel Rivas e «Maternidade fóra de catálogo» de Marga Tojo, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de xuño

O ensaio Contra todo isto, de Manuel Rivas, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño. En terceiro lugar sitúase outro texto ensaístico: Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo.

A vida é un conto. O mellor Manuel Rivas en «As voces baixas». Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou onte xoves nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a última novela de Manuel Rivas, As voces baixas.     A vida é un conto Do mellor Rivas Os últimos libros de Manuel Rivas supuxeran o pouso dunha pequena decepción para o gran lectorado.

Unha espléndida prosa lírica para ler paseniño: «Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón. Crítica de Montse Pena Prresas

Montse Pena Presas publicou o pasado xoves nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012.

Ficción literaria intelixente e discurso ideolóxico ficcionalizado: «En vías de extinción» de María Reimóndez

Montse Pena Presas publica hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre En vías de extinción de María Reimóndez.     En vías de extinción   Contra a indiferencia Cando as cerdeiras resisten En vías de extinción supón un chanzo máis na poética de María Reimóndez.

«Settecento» de Marcos Calveiro, crítica de Montse Pena Presas

INVENTAR VENECIA Unha voz consolidada Sinalar que Marcos Calveiro é un magnífico creador e recreador de ambientes é, quizais, dicir xa pouco na pretensión de resumir a súa traxectoria.

«A Táboa da Hospitalidade», crítica en «lg3»

Montse Pena Presas publica nas páxinas de crítica de «lg3» un traballo sobre A Táboa da Hospitalidade, a segunda entrega d`O Brindo de ouro, a serie de novelas de fantasía épica de Xesús Manuel Marcos. Recuperamos algúns parágrafos dun texto moi interesante: As lectoras que limos entusiasmadas a primeira novela, vimos que tanto o título como o final deixaban a porta aberta para a continuación da triloxía.

“Makinaria”, primeira crítica

“Makinaria”, primeira crítica

Montse Penas publica no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia a primeira crítica tras a aparición do poemario de Carlos Negro Makinaria dentro da colección xuvenil Fóra de Xogo.

«O Globo de Shakesperare», crítica en lg3

«O Globo de Shakesperare», crítica en lg3

Montse Pena Presas publica no espazo de crítica de lg3 unha crítica sobre O Globo de Shakespeare a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008.

«Conexión Tubinga», primeira crítica

«Conexión Tubinga», primeira crítica

Montse Pena Presas publica hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura» o que é a primeira crítica de Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal, finalista do Premio Xerais 2008.

«Mil cretinos», crítica no «Faro da Cultura»

«Mil cretinos», crítica no «Faro da Cultura»

Montserrat Pena Presas publica no Faro da Cultura de hoxe unha longa crítica da nosa tradución de Mil cretinos de Quim Monzó.