Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: morena_perigosa_e_románica

«Pedro Feijoo pecha a tempada dos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo.» Información de «El Progreso»

                  O xornal El Progreso informa sobre o encontro que o escritor Pedro Feijoo manterá este mércores, día 30, cos membros dos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo, co que se pecha a temporada. O escritor vigués falará cos asistentes das obras Os fillos do mar, A memoria da choiva, Morena, perigosa e románicae Os fillos do lume.

Moi entretida e moi recomendable: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo. Crítica de Javier Rivero Grandoso

A revista Madrigal publicou unha recensión de Javier Rivero Grandoso sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo. A crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Videocrítica da youtuber Cazadora de Historias sobre «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo

A youtuber CazadoraDeHistorias fixo unha videocrítica sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo.

Crítica de César Lorenzo Gil sobre «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo. A recensión pode lerse nesta ligazón.

Con retranca e moito humor: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo. Recensión en «Páginas de nieve»

O blog Páginas de nieve publicou unha recensión sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo.     «Morena, perigosa e románica», Pedro Feijoo A frase: “Supoño, compañeiro, que ao final neste mundo só hai dúas cousas que nos igualan ante a vida: unha é a morte […] e a outra a teima esa de estoupar as burbullas do plástico de embalar. Non hai quen se resista a ningunha delas.

Artigo de Manuel Veiga sobre Pedro Feijoo en Biosbardia: «Pedro Feixoo, o malestar dun autor optimista»

BiosBardia publicou un artigo de Manuel Veiga Taboada co título «Pedro Feixoo, o malestar dun autor optimista   Pedro Feixoo, o malestar dun autor optimista Nas últimas semanas, o escritor Pedro Feixoo respondía, en tres entrevistas, e con notábel claridade, a algunhas críticas recibidas. En La Voz de Galicia, dicía que: “aburre escoitar a algúns críticos desprezar o best seller galego”.

Pedro Feijoo: «Na miña novela están os personaxes arquetípicos da comedia de enredo»

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Pedro Feijoo sobre a novela Morena, perigosa e románica.     Pedro Feijoo: «Neste país parece que ten que ser toda a literatura ultrasesuda, transcendental e superseria» “Eu non pretendía facer unha grandísima novela, senón unha novela de risa”.

Un libro que se le cun sorriso nos beizos: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha recensión sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo.     Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo Hai xa algún tempo, ao fío da publicación da primeira novela de Pedro Feijoo, o autor afirmaba con modestia que o seu non era nada novo, que el levaba “un Don Quixote no peto e mais a Woody Allen na retina”.

O programa Zig Zag da TVG percorre os escenarios vigueses de «Morena, perigosa e románica» da man de Pedro Feijoo

O programa Zig Zag emitiu un percorrido literario, da man do escritor  Pedro Feijoo, polos escenarios vigueses da súa novela Morena, perigosa e románica. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Para desfrutar sen prexuízos: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo. Crítica de H.J.P.

O xornal La Voz de Galicia publicou unha recensión de H. J. P sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xogar cos cliclés: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo

O suplemento Táboa Redonda do xornal El Progreso publicou unha información sobre a novela Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Abrín a billa do humor, a ver o que pasaba»

Radiofusión emitiu unha entrevista co escritor Pedro Feijoo  sobre a súa última novela,  Morena, perigosa e románica. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.     Pedro Feijoo: «Abrín a billa do humor, a ver o que pasaba» “Collédesme no escritorio traballando”, di Pedro Feijoo dende Barcelona, onde vive e escribe xa un novo libro.