Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: muros_de_aire

An Alfaya: «A soidade é un tema que transita por case toda a miña narrativa»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á escritora An Alfaya.

Presentación en Pontevedra de “Muros de aire” de An Alfaya

O sábado, 14 de novembro, ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, de Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros” con Muros de aire de An Alfaya. No acto participarán Antonio García Teijeiro e An Alfaya.

As pulsións da morte: «Muros de aire», de An Alfaya. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Tres novelas curativas. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre as últimas novelas de Manuel Seixas, An Alfaya e Antonio Tizón.   Tres novelas curativas As diversas entrevistas con Manuel Seixas publicadas estes días con motivo das presentacións de Interferencias amosan o valor curativo da literatura tanto para os escritores como para os lectores.

Unha novela que custa esquecer: «Muros de aire», de An Alfaya. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya.   CO SUICIDIO ARREDOR Un muro de aire é unha ferramenta cibernética que se emprega para que ninguén poida acceder ao noso computador. Nada que ver co que nos propón An Alfaya, os seus muros de aire érguense cando as personaxes chegan a algunha situación vital de difícil resolución.

Unha aposta arriscada: «Muros de aire», de An Alfaya. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación crítica sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya.   Muros de aire An Alfaya realiza en Muros de aire, publicada por Xerais, unha proposta arriscada (un motivo literario ben escaso) e sae potente gañadora. Non sei que me pasa ultimamente, cústame comezar a lectura. E con esta novela sucedeume o mesmo.

Unha ollada á condición humana: «Muros de aire», de An Alfaya. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya.

Unha novela que me perturbou e, ao tempo, me fascinou: «Muros de aire», de An Alfaya. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre Muros de aire, de An Alfaya.     OS HERMÉTICOS “MUROS DE AIRE” DE AN ALFAYA Sempre digo o mesmo, pero é verdade: estou desexando que apareza un novo libro de An Alfaya para gozar.      Posiblemente goce sufrindo ou sufra gozando, pero é que esta muller escribe unha literatura da que estou namorado.

Unha novela que afonda na dor e no sufrimento: «Muros de aire» de An Alfaya

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Muros de aire de An Alfaya, no Café Badía, en Vigo. Tamén o crítico Ramón Nicolás, que participou no acto, publicou en Caderno da crítica anotación sobre o acontecemento que se pode ler nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Muros de aire” de An Alfaya

O venres, 25 de setembro, ás 20:00 horas, no Café Badía, rúa Sanjurjo Badía, 240, en Vigo, terá lugar a presentación do libro Muros de aire de An Alfaya. No acto participarán Ramón Nicolás, Manuel Bragado e An Alfaya.

As novidades literarias de Xerais, no blog de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha anotación sobre as últimas novidades literarias de Xerais.     Edicións Xerais: abondosa colleita para o remate do verán Aínda que non é un feito illado, desexo salientar a abondosa e variada restra de publicacións que Edicións Xerais vén de poñer a disposición do lectorado galego neste remate do verán 2015.

O afecto como implicación: «Muros de aire», de An Alfaya

El Ideal Gallego publicou unha información sobre Muros de aire, de An Alfaya. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.