Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: museo_do_pobo_galego

“Galicia Encantada” de Antonio Reigosa no Festival Internacional Atlántica de Narración Oral

O xoves, 19 de marzo, ás 18:00 horas, no Museo do Pobo Galego, dentro dos actos organizados no Atlántica (Festival Internacional de Narración Oral), terá lugar a actividade “Homenaxe á Galicia Encantada“. Neste acto, no que participan Antonio Reigosa, Avelino González, Pavís Pavós, Ángeles Goás e Rafa Quintiá, celebran os dez anos da páxina de tradición oral máis completa do país.

Presentación en Carballo de “Galicia: un pobo con futuro?” edición de Manuel Blanco Desar

O venres, 20 de febreiro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, rúa de Bos Aires, s/nº de Carballo, terá lugar a presentación do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico edición de Manuel Blanco Desar. No acto, organizado polo Instituto de estudos das identidades, o Museo do Pobo Galego, a Biblioteca de Carballo e Xerais, participarán Evencio Ferrero, Justo Beramendi e Manuel Blanco Desar.

Presentación en Vigo de “Galicia: un pobo con futuro? edición de Manuel Blanco Desar

O xoves, 5 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Andel, Avda Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico edición de Manuel Blanco Desar. No acto, organizado polo Museo do Pobo Galego, a libraría Andel e Xerais, participarán Santiago González Avión, Xosé Manuel González Reboredo,  Manuel Blanco Desar e Manuel Bragado.

Presentación en Lugo de “Galicia: un pobo con futuro?”

O mércores, 17 de decembro, ás 20:00 h., na Librería Biblos, Salvador de Madariaga, 1 Local 4 de Lugo, terá lugar a presentación do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico en edición de Manuel Blanco Desar e coeditado por Xerais e Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego.

Presentación en Santiago de “Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico”

O martes, 25 de novembro, ás 12:30 horas, no Museo do Pobo Galego, terá lugar a presentación do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico do Instituto de Estudos das Identidades en edición de Manuel Blanco Desar.

«Conversas con Emilio Pérez Touriño» en «Galicia hoxe»

«Conversas con Emilio Pérez Touriño» en «Galicia hoxe»

O xornal Galicia hoxe publica unha páxina na que adianta algúns dos contidos de Conversas con Emilio Pérez Touriño, o libro de Manuel Lombao que será presentado hoxe, luns, 2 de febreiro, ás seis da tarde, no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela.