Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: museo_manuel_torres_marín

Presentación en Marín de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro

O xoves 4 de xullo, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres de Marín, terá lugar a presentación de En las orillas del Sar de Rosalía de Castro. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. No acto, organizado polo Foro de Debate Portocelo, participarán Ana Acuña e Anxo Angueira.

Presentación en Marín de “O xogo de Babel” de Elena Gallego Abad

O venres, 29 de setembro, 2017, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres, avda. Ourense, 3, Marín, terá lugar a presentación da novela O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia, participarán Susana Arizaga, Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

Presentación en Marín de “O anxo negro” de Manuel Gago

O venres, 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Museo Manuel Torres, avda de Ourense, 1, en Marín, terá lugar a presentación da novela O anxo negro de Manuel Gago. O acto está organizado en colaboración coa Asociación Cultural Almuinha.

Presentación de “Conciencia política e literatura galega en Madrid” de Ana Acuña en Marín

O venres, 3 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres de Marín, terá lugar a presentación do libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) de Ana Acuña.