Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: música_no_faiado

A capacidade de reflectir a historia de moitos galegos na dunha soa familia: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Giulia Vezzaro sobre o libro: Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, ilustrado por Laura Tova. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Actos de Xerais na Praza dos Libros de Carballo 2019

Do 11 ao 14 de xullo de 2019 terá lugar unha nova edición da Praza dos Libros de Carballo na que está programado un amplo programa no que participarán autoras e autores do catálogo de Xerais: Xoves 11, ás 21:00 horas: Presentación do libro As mulleres da fin do mundo de Daniel Asorey. Presenta Manuel Rey Pan.

Dezaseis títulos publicados por Xerais optan aos Premios da IV Gala do Libro Galego 2019

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará sábado 11 de maio de 2019 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dazaseis títulos publicados por Xerais están entre as obras finalistas: Ensaio e investigación - Común temos a patria.

Presentación en Vigo de “Música no faiado” de Miguel Ángel Alonso Diz

O mércores 27 de febreiro de 2019 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Música no faiado de Miguel Ángel Alonso Diz, ilustrado por Laura Tova. Participarán Laura Tova, Miguel Ángel Alonso Diz e Fran Alonso.

A grandeza da memoria: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Anotación de Rafael Laso Lorenzo

A web Dende a Limia.com publicou un artigo de Rafael Laso Lorenzo sobre o libro: Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, ilustrado por Laura Tova. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.   Música no faiado Deixamos atrás as festas do Nadal e camiñamos xa por estes primeiros días do novo ano.

Un relato imprescindible nestes tempos de reggaeton.: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, ilustrado por Laura Tova. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.

Unha historia que conxuga música e memoria: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, ilustrado por Laura Tova.   Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz   Non podo negar a alegría que me supuxo ver este libro editado.

Presentación en Bueu de “Música no faiado” de Miguel Ángel Alonso Diz

O mércores 19 de decembro,  2018, ás 20:00 horas, na  Biblioteca Gonzalo Torrente Ballester de Bueu, terá lugar a presentación do libro Música no faiado de Miguel Ángel Alonso Diz.

Presentación en Vigo de “Música no faiado” de Miguel Ángel Alonso Diz

O sábado 15 de decembro de 2018, ás 12:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Música no faiado de Miguel Ángel Alonso Diz e ilustrado por Laura Tova. No acto participarán Miguel Ángel Alonso Alonso Diz, Laura Tova e Manuel Bragado e contará coa actuación musical de Patricia Moon e David Zarandon.

Novidade: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Un libro de gran sensibilidade que ispe acontecementos do pasado recente dunha familia

Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, é unha novidade da colección infantil e xuvenil Merlín de de Xerais. O libro está ilustrado por Laura Tova. Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos.