Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: muxía

II Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Bases

A Fundación Gonzalo López Abente puxo en marcha a convocatoria do II Premio de Poesía Gonzalo López Abente para poemarios en lingua galega, do que Xerais publicará a obra gañadora. O certame pretendo contribuír á difusión do nome do autor muxián e á produción poética dentro da nosa literatura. O pasado ano, o libro gañador foi Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado. Os orixinais deben ser presentados antes do 25 de maio.

Fina Casalderrey, na Galería de Mulleres da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía

A Galería de Mulleres da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía está dedicada este mes a Fina Casalderrey (vía Axenda Cultural da AELG). Fina Casalderrey foi incorporada recentemente ao plenario da Real Academia Galega. O Concello de Muxía continúa coa iniciativa da Galería de Mulleres, onde se destaca cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc….

María Reimóndez, na Galería de Mulleres do Concello de Muxía

María Reimóndez, na Galería de Mulleres do Concello de Muxía

A escritora María Reimóndez está este mes de febreiro na Galería de Mulleres do Concello de Muxía, unha inciativa coa que se pretende dar a coñecer cada mes o labor dunha muller no eido das artes, as letras, a ciencia, etc.