Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: nani_garcía

Este é o magnífico equipo de músicos do concerto en directo de «A miña primeira Rosalía», libro-CD

Musicaengalego publicou unha longa anotación sobre os músicos que participan no concerto en directo do libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

“O meu primeiro Celso Emilio”, entrevistas a Xosé e Xiana Lastra

O programa “Viraventos” de Radiofusión do 27 de xullo fíxose eco da publicación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio. Aquí pódese escoitar a entrevista a Xosé Lastra, co-autor do libro. Pola súa banda, o programa “Somos quen” da Radio Galega do 28 de xullo entrevistou a Xiana Lastra, co-autora e intérprete dalgunha das pezas. Aquí (a partir do minuto 30:41) pode escoitarse.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto

Manuel Bragado, director de Xerais, publica no seu blog unha crónica do que foi a presentación en Teo do librodisco O meu primeiro Celso Emilio. Reproducímola: Memorable foi o concerto no Auditorio Municipal de Teo de presentación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio. Unha gozada escoitar oito poemas de Celso Emilio interpretados por unha ducia de músicos extraordinarios.