Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: narradoras

Ledicia Costas: «Escribín ‘O corazón de Xúpiter’ con moita intensidade e moita ilusión». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Ledicia Costas.     Parlamento das Letras Ledicia Costas A escrita de Ledicia Costas bebe a escuma dos días, sabe da cicatriz atlántica, de Vigo ata Cabral, e coñece ben a revolución dos ciclos, os simios aparentes, o ludismo das palabras que se ocultan e os corazóns que latexan siderais.

Begoña Paz: «Hai literatura que non ule». Entrevista de Paco Gallego

 Galicia Confidencial publica unha entrevista de Paco Gallego con Begoña Paz.   Begoña Paz: «Hai literatura que non ule» Narradora, poeta e co-guionista do primeiro filme porno rodado en galego, “O divino ferrete”, conversar con Begoña Paz significa percorrer os camiños da creación, inspiración, lingua, cómic, sexo erotismo.

«Narradoras para o século XXI» por Teresa Cuíñas

A LITERATURA SAÚDA A UNHA NOVA XERACIÓN DE MULLERES PROSISTAS Dezaoito anos despois da súa creación, en 2001 o Premio Xerais de Novela, o de maior dotación económica en lingua galega, distinguiu, por vez primeira, unha obra escrita por unha muller.