Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: nena_e_o_mar

Os Premios Xerais no Ateneo de Pontevedra

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación conxunta dos tres Premios Xerais no Ateneo de Pontevedra, así como do acto de presentación de O último día de Terranova, de Manuel Rivas, na libraría Sisargas.   Os Xerais no Ateneo As perdas da fin de semana adiaron a reseña do que foron as presentacións nas que participamos esta fin de semana.

Presentación en Betanzos de “Nena e o mar” de Érica Esmorís e “Europa express” de Andrea Maceiras

O venres, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación dos libros Nena e o mar de Érica Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015) e Europa express de Andrea Maceiras (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015). No acto estarán acompañadas polo músico norirlandés Matthew Ward.

Érica Esmorís e Andrea Maceiras: literatura infantil e xuvenil sen prexuízos

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación na Coruña de Nena e o mar de Érica Esmorís, Premio Merlín 2015, e Europa Express de Andrea Maceiras, premio Jules Verne 2015.

Presentación en Pontevedra dos tres libros gañadores dos Premios Xerais 2015

O venres, 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra, terá lugar a presentación dos libros Nena e o mar de Érica Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015), Europa Express de Andrea Maceiras (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2015) e De remate de Héctor Cajaraville (Premio Xerais de Novela, 2015).

Sumamente atractiva: «Nena e o mar», de Érica Esmoris. Crítica de Paula Fernández

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Paula Fernández sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón. A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.

Cando a desidia é superada pola forza do amor: «Nena e o mar», de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.

A mellor literatura do xénero: «Nena e o mar», de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. Crítica de Mario Regueira

O xornal Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Mario Regueira sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Nena e o mar” de Érica Esmorís e “Europa Express” de Andrea Maceiras

O venres, 20 de novembro, ás 19,30 horas,  na librería Moito conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación dos libros Nena e o mar de Érica Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015) e Europa Express de Andrea Maceiras (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2015). No acto participarán Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Manuel Bragado.

Érica Esmorís: «Nena é vida e a vida sempre gaña»

A revista Criaturas publicou unha entrevista de Daniel Landesa á escritora Erica Esmoris, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 con Nena e o mar. O libro está ilustrado por Dani Padrón. A entrevista tamén pode descargarse en pdf. Nestoutra ligazón pode consultarse toda a información publicada sobre Nena e o mar.

Novidade: «Nena e o mar», de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. Unha aventura de esperanza e valentía

Nena e o mar, de Érica Esmoris, é o Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. Está ilustrado por Dani Padrón. Recomendado de 11 anos en diante. Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza.

Érica Esmoris: «Os libros que máis me gustan son os que contan unha historia que pode medrar comigo ao longo dos anos»

A xornalista Pilar Rego entrevistou no programa Zig-Zag á escritora Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.

Érica Esmorís, protagonista

El Correo Gallego dedícalle a sección Protagonistas elixidos á escritora Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015.