Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: no_país_das_vacas

«No país das vacas», de Xurxo Lobato, en Pontevedra

Xurxo Lobato inaugurou onte en Pontevedra a exposición No país das vacas, baseada nas fotografías do libro homónimo publicado por Xerais. Publica a información o Diario de Pontevedra.

Xurxo Lobato pregoeiro do “Día da Vaca” de Xanceda

A Asociación Mesía Unida anuncia a celebración o 29 de xullo do segundo Día da Vaca, no que actuará como pregoeiro Xurxo Lobato, autor de No país das vacas.

«No país das vacas», de Xurxo Lobato: as vacas galegas no século XXI

«No país das vacas», de Xurxo Lobato: as vacas galegas no século XXI

El País publica unha información de José Luis Estévez sobre O país das vacas, de Xurxo Lobato, baseada no libro do mesmo título que publicou Xerais.   Xurxo Lobato retrata la vida de las vacas en el siglo XXI El Museo do Pobo acoge una muestra didáctica sobre el animal más gallego La vaca, ese símbolo no oficial de Galicia, es el objeto de una exposición didáctica que se abrió ayer en el Museo do Pobo Galego.

Xurxo Lobato rende tributo visual á vaca cunha exposición no Museo do Pobo Galego

Xurxo Lobato rende tributo visual á vaca cunha exposición no Museo do Pobo Galego

A exposición O país das vacas, de Xurxo Lobato, baseada no libro do mesmo título, quere pór en valor o seu papel como referente de desenvolvemento no mundo rural. A mostra pode visitarse en Santiago ata o 1 de abril e percorrerá logo outras capitais galegas Santiago, 13 de febreiro de 2012.

Xurxo Lobato, entrevistado por «A Peneira»

Con motivo da presentaicón de libro No país das vacas en Ponteareas, Xurxo Lobato foi entrevistado polo xornal A Peneira. Recollemos algunhas das respostas de Lobato: «[A vaca] É unha das identidades do país. A vaca é unha das iconas que serven para identificarnos. Ademais é un dos totem que temos. De feito o libro pretende dignificar o noso totem. Dar a coñecer tamén o que son hoxe, que fan e como viven as vacas.

«No país das vacas» de Xurxo Lobato, presentación hoxe en Ponteareas

Organizado pola Asociación Cultural A Casa da Triga e Xerais, hoxe, venres 14 de maio, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Artístico e Sportivo de Ponteareas (Rúa Vidales Tomé, 2) presentarase No país das vacas, o libro máis recente de Xurxo Lobato. No acto, no que se proxectarán algunhas fotografías do libro, acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Negreira e a palabra «vaca»

Agradecemos ao concello de Negreira que publicase na súa web unha anotación arredor de «Negreira e a palabra vaca», glosando así o contido do libro de Xurxo Lobato No país das vacas. A anotación comeza así: «Nova moi interesante e curiosa: o noso trobador medieval Afonso Eanes do Cotón foi o primeiro autor que deixou rexistrada na escrita literaria a palabra «vaca» na historia do noso idioma galego.

No país das vacas, por Miguel Anxo Fernán Vello

No país das vacas é o título do último libro de Xurxo Lobato, publicado por Edicións Xerais de Galicia. E xa o título, digámolo de entrada, xunto co seguimento da obra do autor, alimenta o noso interese.

No país das mil vacas

Na súa edición do pasado domingo, La Voz de Galicia faise eco da aparición de No país das vacas, o libro máis recente de Xurxo Lobato. Baixo o título de «En el país de las mil vacas», J. Benito percorre os principais contidos da obra, salientando que é «una publicación que rinde tributo a un animal asociado a la imagen de Galicia, que explica cómo vive, de qué vive y quién vive de ella.

Atlas do planeta vaca

Baixo o título «Atlas do planeta vaca», Xosé Manuel Pereiro publica en El País Galicia unha reportaxe sobre No país das vacas, o libro de Xurxo Lobato. A revista Foto tamén se fai eco da aparición deste libro que considera ten todas as vartas para converterse nun bestseller.

Xurxo Lobato: «A vaca é unha grande descoñecida»

O suplemento «Lecer« de Galicia hoxe e El Correo Gallego publicou o pasado domingo unha reportaxe-entrevista con Xurxo Lobato con motivo da publicación de No país das vacas. O texto, asinado por Vanesa Oliveira, debulla os contidos do volume no que Lobato comezou a traballar hai tres anos. «A pesar das aparencias, a vaca é a gran descoñecida en Galicia.

Antón Reixa: «Vaca ou morte, venceremos»

O libro sagrado da vaca. A biblia dos agnósticos de Galicia. Un acto de patriotismo. Un chamado a entender de onde vimos. Mesmo un libro erótico dedicado a un animal icónico da cultura e a economía do país.