Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: noemí_lópez

«Trece noites, trece lúas», de Antonio Reigosa: o libro das marabillas do Nadal

Jaureguizar publica en El Progreso unha información sobre Trece noites, trece lúas, e Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, a raíz da súa presentación onte en Lugo.

«Trece noites, trece lúas», de Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, novidade do mes de novembro

Trece noites, trece lúas, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, é unha das novidades do mes de novembro. Síganos, se lle prace, nesta viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mítico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, día do seu bautismo, outra forma de nacemento.

Presentación en Lugo de “Trece noites, trece lúas” de Antonio Reigosa

O luns, 21 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar, na Galería Sargadelos de Lugo, Praza de Santo Domingo, 4 a presentación de Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal de Antonio Reigosa e ilustrado por Noemí López. No acto participarán os autores e Manuel Bragado. Trece noites, trece lúas.

Crítica no blog Trafegando Ronseis da «Guía ilustrada da Galicia Invisible», de Antonio Reigosa

Crítica no blog Trafegando Ronseis da «Guía ilustrada da Galicia Invisible», de Antonio Reigosa

O blog Trafegando ronseis incluíu onte unha recensión crítica sobre Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López. Reproducímola a continuación: Un deses libros que desexas ter (que hai que ter) nos andeis da túa casa para ir de cando en vez ollalo, recrearse nas súas ilustracións e descubrir un novo lugar que seica estivo aí aínda que xa non o poidamos ver.

Libros de Xerais finalistas nos Premios da Edición 2010

A Asociación Galega de Editores fixo públicos esta fin de semana os libros e autores finalistas nos Premios da Edición 2010, que serán entregados en Lugo o sábado 12 de marzo durante o transcurso da Noite da Edición.

Crítica de Paula Fernández sobre a «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa

No Faro das Letras, de Faro de Vigo, de onte publicouse unha crítica de Paula Fernández sobre a «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa. A recensión pode baixarse integramente en pdf aquí.

«Guía ilustrada da Galicia invisible», mapa dos lugares que non existen

«Guía ilustrada da Galicia invisible», mapa dos lugares que non existen

A Nosa Terra faise eco, na súa sección de Un libro para cada día, da Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa, ilustrada por Noemí López. Reproducimos o texto: Vén no Google Maps Trambelosríos? E Cachiquimbra? Buscamos Gaifar? Todos son topónimos que non teñen constancia nos mapas normais senón naqueles que se deseñan coa imaxinación.

«Guía ilustrada da Galicia invisible», o mapa dun país de lenda

«Guía ilustrada da Galicia invisible», o mapa dun país de lenda

Os xornais El Progreso e La Voz de Galicia recolleron a nova do acto de presención da Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa, que tivo lugar este martes na Galería Sargadelos de Lugo nunha sala ateigada de xente. No acto interviñeron o propio autor, Antonio Reigosa, a ilustradora Noemí López e o editor Manuel Bragado.