Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: noia

Unha narración que engancha: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». Recensión de Pedro García Vidal

O historiador e profesor Pedro García Vidal publicou na revista Alameda de Noia unha recensión sobre o libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada.   Faustino Rey Romero, Un evanxeo bufo X. Ricardo Losada, rianxeiro colaborador habitual desta revista Alameda, ofrécenos nesta súa segunda publicación, unha particular mirada sobre a poliédrica figura de Faustino Rey Romero, crego e poeta de Isorna (Rianxo).

Quen matou o Cantino?, de Xerardo Agrafoxo: Luz sobre un crime en Noia, en 1936. Artigo de Román Arén

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou un artigo de Román Arén sobre o libro Quen matou o Cantino?, de Xerardo Agrafoxo. A información pode lerse ou descargarse neste enlace.

O camareiro que foi executado: «Quen matou o Cantino?», de Xerardo Agrafoxo

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de Raquel Iglesias sobre a presentación en Noia de Quen matou o Cantino?, de Xerardo Agrafoxo. .   Noia e Barbantia uníronse para facer maxia coas verbas Xerardo Agrafoxo presentou o seu último libro ante ducias de persoas   Noia demostrou, unha vez máis, o seu compromiso con Barbantia.

«Febre« de Héctor Carré, Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2011

O xurado da Vª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.

Acto literario musical o venres 28 en Noia arredor da novela «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Acto literario musical o venres 28 en Noia arredor da novela «Todo é silencio», de Manuel Rivas

O IES Campo de San Alberto de Noia, e Edicións Xerais de Galicia, coa colaboración do Concello de Noia, organizan un acto literario musical ao redor da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, que terá lugar no Teatro Coliseo Noela (rúa Curro, 4 Noia) o día 28 de xaneiro, venres, ás 20,00 horas.

«En castellano no hay problema», presentación en Noia

«En castellano no hay problema», presentación en Noia

Hoxe xoves, 1 de xullo, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, realizarase a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema. No acto acompañarán ao autor, Rafael García Guerrero, Alcalde de Noia; Domingos Ramón Campos Alborés, Portavoz Comarcal de Queremos Galego e o editor Manuel Bragado.

«O recendo das mimosas», presentación en Noia

O vindeiro venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas presentarase na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia O recendo das mimosas, o primeiro libro de relatos de Agustín Agra. No acto o autor estará acompañado de Xosé Ricardo Losada e Manuel Bragado. O acto esta coorganizado pola Asociación Cultural Barbantia e Xerais.

«O recendo das mimosas» de Agustín Agra

«O recendo das mimosas» de Agustín Agra

Agustín Agra debuta na colección Xerais Narrativa cun libro de relatos, O recendo das mimosas.

Presentación en Noia

Presentación en Noia

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia faise eco do acto de presentación de Veleno tinto de Ramón Carredano e Cazaría salvaxe de Agustín Agra, celebrado o venres, 27 de xuño, nos locais do Liceo de Noia. Ao acto, conducido polo escritor Carlos Mosteiro, asistiron máis dun centenar de persoas.

“Cazaría salvaxe” e “Veleno tinto”, presentación en Noia

“Cazaría salvaxe” e “Veleno tinto”, presentación en Noia

O vindeiro venres, 27 de xuño, ás 20:30 horas serán presentados no Liceo de Noia Cazaría salvaxe de Agustín Agra e Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas. No acto, organizado pola Asociación Culural Barbantia, La Voz de Galicia, a Sociedade Liceo de Noia e a editorial, participarán os autores, Carlos Mosteiro e Manuel Bragado.