Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: noites_de_safari

Xerais oferta nove ebooks a prezo especial

Xerais seleccionou nove títulos para todos os públicos e de temática variada para ofertar a prezo especial varios dos seus ebooks. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Iolanda Zúñiga: «A literatura é un asunto serio e require dedicación exclusiva» Entrevista en Tempos Novos sobre: «Noites de safari»

A revista Tempos Novos publicou unha entrevista de María Lado coa escritora Iolanda Zúñiga sobre o libro: Noites de safari. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Marleen MaLone: «O libro é un manual, unha guía de badulaques e paspáns». Clube de lectura en Radiofusión sobre o libro: «Noites de safari»

O libro: Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados, do que é autora Marleen MaLone, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Pati Lavandeira, Ana Prieto, Manuel Forcadela, Henrique Sanfiz e a propia escritora e autora do libro, Yolanda Zúñiga. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Unha crítica sobre a soidade, os sentimentos, a precariedade, a familia, a parella, a sexualidade. «Noites de safari», de Marleen MaLone. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Manuel Forcadela sobre a novela: Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados, de Marleen MaLone. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Noites de safari” de Marleen MaLone

O mércores 21 de novembro de 2018 ás 20:00 horas, en NUMAX, Concepción Areal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados de Marleen MaLone. No acto participarán Iolanda Zúñiga e Fran Alonso.

Iolanda Zúñiga: «Marleen cre estar empoderada, pero os seus tropezos din o contrario. Ela tamén leva incrustado nas carnes o machismo.» Entrevista no blog Palabra de Gatsby sobre «Noites de safari»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez a Iolanda Zúñiga sobre a súa última novela, Noites de Safari, publicada baixo o pseudónimo de Marleen MaLone.

Iolanda Zúñiga: «Marleen MaLone é un ‘patchwork’ elaborado con retallos da vida de moitas mulleres.»

Os xornais La Opinión e Faro de Vigo publicaron unha entrevista de Lourdes Varela á escritora Iolanda Zúñiga sobre Noites de Safari. A entrevistas poden lerse ou descargarse nesta ligazón (Faro de Vigo) e nestoutra (La Opinión).

Presentación en Vigo de “Noites de safari” de Marleen MaLone

O xoves 10 de maio de 2018, ás 22:00 horas, no Café Badía, rúa Sanjurjo Badía, 240, Teis.Vigo, terá lugar a presentación da novela Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados de Marleen MaLone. No acto acompañará á autora o escritor Marcos Calveiro.

A protagonista empodérase sexualmente e pasa de ser carnaza a depredadora: «Noites de safari», de Marleen MaLone. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre a novela a novela Noites de safari, de Marleen MaLone.   Crítica de «Noites de safari» (Marleen MaLone, Xerais) Un ve o libro e pensa que Xerais nos quere dar a coñecer a unha autora foránea.

Presentación en Pontevedra de “Noites de safari” de Marleen MaLone

O sábado 28 de abril, ás 12:30 horas na libraría Paz, Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros con Marleen Malone (Iolanda Zúñiga)”. A escritora conversará coa xornalista Teresa Cuíñas sobre a súa novela Noites de safari.

O libro de poemas «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro, e a novela «Noites de safari», de Marleen MaLone, lideran os máis recomendados na Tabela dos Libros de abril

O libro de poemas Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril. En terceiro lugar sitúase a novela Noites de safari, de Marleen MaLone, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados» por Iolanda Zúñiga.

Marleen MaLone: «Farteime de ser, cos homes, suxeito pasivo. Decidín empoderarme e tomar a iniciativa. Pero no camiño tamén tropecei»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Marleen MaLone, que publicou a súa primeira novela da man de Iolanda Zúñiga: Noites de safari, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados».   Marleen MaLone: «Farteime de ser, cos homes, suxeito pasivo. Decidín empoderarme e tomar a iniciativa.