Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: non_hai_outro_camiño

A capacidade de colocarnos nun camiño que procura respostas non acostumadas: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica na revista Grial

Grial, a revista galega de cultura, publicou unha recensión crítica de Ana Salgado sobre o libro: Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O libro gañou o Premio da Crítica Española (en lingua galega), 2016, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha prosa digna da xeración mellor formada deste país. «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica de Xabier Cordal en «A Trabe de Ouro»

A revista A Trabe de Ouro publicou no seu número 106 unha crítica de Xabier Cordal sobre a novela: Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O libro gañou o Premio da Crítica Española (en lingua galega), 2016, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns: A Trabe de Ouro 1 / A Trabe de Ouro 2 / A Trabe de Ouro 3.

Retorno á reprise: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica de Anxo Angueira

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de Anxo Angueira sobre a novela Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Dúas novelas engaiolantes: «Crónica Córnica», de Francisco Coimbra e «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo no que fala sobre as novelas Crónica Córnica, de Francisco Coimbra e Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A novela «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín, elixida finalista do Premio literario San Clemente

A novela Non hai outro camiño, do escritor Isaac Xubín, foi elixido entre os finalistas da XXIII edición do Premio literario San Clemente na categoría de lingua galega, canda Daniel Asorey e Xosé Monteagudo, seleccionados polas súa obras Nordeste e Todo canto fomos, respectivamente. A novela de Xubín recibiu recentemente o Premio da Crítica Española.

Isaac Xubín: «Quero que a miña tribo sobreviva e unha das razóns pola que escribo é para berrar que estamos vivos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga ao escritor Isaac Xubín.

A novela «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín, Premio da Crítica Española

O escritor Isaac Xubín foi galardoado esta fin de semana co Premio da Crítica española, na categoría de lingua galega, pola súa novela Non hai outro camiño, unha novela definida pola crítica con calificativos como «orixinal», «sorprendente», «intensa», «desacougante» ou «incisiva».

Os libros de Xerais que son finalistas da Gala do Libro Galego 2017

Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia fixeron públicas as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia.

Presentación na Coruña de “Non hai outro camiño” de Isaac Xubín

O martes, 4 de abril, 2017, ás 20,00 horas, en Linda Rama, Porta de Aires, 4, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Non hai outro camiño de Isaac Xubín. No acto participarán Mercedes Queixas, Manuel Bragado e Isaac Xubín.

Presentación en Bueu de “Non hai outro camiño” de Isaac Xubín

O xoves, 30 de marzo, 2017, ás 20,30 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vincenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación do libro Non hai outro camiño de Isaac Xubín. No acto, organizado pola librería Miranda de Bueu,  participarán Míriam Ferradáns e Isaac Xubín.

Unha novela moi orixinal e sorprendente: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Isaac Xubín: «Estamos tan afeitos á derrota que poucas veces reparamos en que hai máis opcións ca resistir ou conformarnos»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor  Isaac Xubín sobre a súa novela Non hai outro camiño. (Foto de Davide Cabaleiro).