Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: non_o_saben_as_estrelas

Unha novela cosida cos retazos duns personaxes afectados pola inmundicia do mundo no que viven: «Non o saben as estrelas», de Diego Alfonsín. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.

A vida como tránsito, impermanencia, cambio, precariedade, temporalidade: «Non o saben as estrelas», de Diego Alfonsín. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín. O libro gañou o XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta e está editado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Diego Alfonsín: «Cando escribo, a única obriga que teño é comigo mesmo» Entrevista no Faro da Cultura sobre: «Non o saben as estrelas»

O suplemento Faro da Cultura do Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Diego Alfonsín sobre o libro: Non o saben as estrelas, gañador do XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta e publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Non o saben as estrelas»: Unha novela cosida a base de retallos narrativos. Crítica de Armando Requeixo no «Diario Cultural»

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica da novela: Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín, gañadora do XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, concretamente nos minutos 20´45 a 23´00.

Novidade: «Non o saben as estrelas», de Diego Alfonsín. Un texto de lectura engaiolante e capacidade envolvente

Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín, é unha novidade da colección Narrativa. A obra recibiu o XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Antonio escribe bañado en lágrimas nun xélido garaxe da cidade de Lisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazóns detidos no medio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre a néboa.

Diego Alfonsín, Premio Lueiro Rey de Novela Curta con «Non o saben as estrelas»

O escritor Diego Alfonsín Rivero (Tui, 1980) resultou vencedor este luns do Premio Lueiro Rey de Novela Curta que concede o Concello do Grove coa novela Non o saben as estrelas, unha obra que, a xuízo do xurado, destaca pola súa «orixinalidade do seu traballo, polo seu carácter innovador e a súa capacidade para envolver o lector na historia que narra, así como pola redacción e a súa trama».