Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: non_son_de_aquí

María do Cebreiro: «Entendo a poesía como un espazo de liberdade». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con María do Cebreiro.     Parlamento das Letras María do Cebreiro María do Cebreiro é unha habitante da Galicia futura, da Galicia que aínda non é, pero que desexamos sexa. Vai, como tantas veces acontece cxs artistas, por diante do seu tempo: culta, consciente, comprometida, sensible.

As traducións ao inglés de «Non son de aquí», de María do Cebreiro, e da «Poesía completa», de Lois Pereiro optan ao Premio Popescu

O poemario Non son de aquí, de María do Cebreiro, publicado en galego por Xerais e traducido ao inglés por Helena Miguélez-Carballeira, así como a Poesía completa de Lois Pereiro, traducida por Jonathan Dunne, optan ao prestixioso Premio Popescu para a tradución de poesía, que outorga a Poetry Society británica con carácter bianual. Ao premio compiten 73 candidaturas de 25 idiomas e será fallado no vindeiro mes de setembro.

«Non son de aquí» de María do Cebreiro traducido ao inglés

I Am Not from Here, da poeta e profesora María do Cebreiro Rábade Villar (Santiago, 1976), é o titulo da tradución inglesa de Non son de aquí (2008) preparada por Helena-Miguélez Carballeira, directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Bangor (Gales) para o selo británico Shearsman Books. Xornal de Galicia preparou unha ampla información sobre esta importante noticia. Parabénes a María do Cebreiro.

«Non son de aquí», presentación en Compostela

«Non son de aquí», presentación en Compostela

Hoxe, venres, 24 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Non son de aquí, o poemario de María do Cebreiro. No acto a autora estará acompañada por Manuel Darriba, Daniel Salgado e o editor Fran Alonso.

«Non son de aquí», crítica en «Protexta»

«Non son de aquí», crítica en «Protexta»

Xabier Cordal publica no Protexta 09 unha crítica sobre os poemarios máis recentes de María do Cebreiro, entre os que está Non son de aquí.

Finalistas premios AELG2008

Déronse a coñecer hoxe as obras finalistas dos premios AELG as mellores obras literarias do pasado ano 2008. En case todas as categorías son numerosas as obras editadas pola editorial.  Os membros da AELG poderán emitir o seu voto ata o 5 de maio. Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix): 1. A Cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre 2. Caderno de animalista, Antón Fortes Torres 3. Fume, Antón Fortes Torres 4.

«Non son de aquí», palabra e lugar

«Non son de aquí», palabra e lugar

Iago Castro Buerguer publica hoxe no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia esta crítica sobre o poemario Non son de aquí de María do Cebreiro. Que nada lle sexa alleo: velaquí o principal e máis ambicioso compromiso de María do Cebreiro co poema, como volve demostrar co libro de recente publicación de Non son de aquí (Xerais).

María do Cebreiro no «Diario Cultural»

María do Cebreiro no «Diario Cultural»

O pasado xoves, 18 de decembro, María do Cebreiro foi entrevistada no Diario Cultural con motivo da aparición do seu poemario Non son de aquí.