Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: nova_nursia

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Héctor Cajaraville recibe o Premio Antón Losada Diéguez 2019 na modalidade de Creación Literaria por «Nova Nursia». Noticia no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia sobre o acto de entrega do XXXIV Premio Antón Losada Diéguez na categoría de Creación Literaria a Héctor Cajaraville polo libro: Nova Nursia, publicado por Xerais na colección Narrativa. Na modalidade de Investigación en ensaio, o traballo gañador foi: As orixes da fotografía en Galicia, de Carlos Castelao (Alvarellos). O evento tivo lugar o sábado, día 22 de xuño de 2019.

«Nova Nursia», de Héctor Cajaraville, gaña o Premio Antón Losada Diéguez 2019 na modalidade de Creación Literaria. Noticia no xornal La Región

Nova Nursia, de Héctor Cajaraville, gañou a XXXIV edición do Premio Antón Losada Diéguez na categoría de Creación Literaria. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia foi recollida polo xornal La Región.

Un amplo relato no que o autor toma licenzas que rebordan o rigor histórico e que non renuncia a ser novela: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Nova Nursia, de Héctor Cajaraville. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha novela de grande ambición que intenta abarcar todos os aspectos dunha vida formidable: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville   ‘Nova Nursia’, máis didáctica ca literatura   Nova Nursia, de Héctor Cajaraville (Xerais, 2018) é unha novela, en principio, de grande ambición na que intenta abarcar todos os aspectos dunha vida que o propio Cajaraville nos agradecementos (seguindo a J. A.

Unha mostra senlleira de que tamén na literatura galega está a agromar con forza a narrativa baseada en feitos e personaxes reais: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Héctor Cajaraville: «A propia vida de Frei Rosendo Salvado é xa unha novela á que había que darlle forma». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Nova Nursia»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista ao xornalista e escritor Héctor Cajaraville sobre a súa novela: Nova Nursia. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha excelente oportunidade para coñecer a vida e a obra de frei Rosendo Salvado: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Crítica de Xerardo AgraFoxo en «Café Barbantia»

O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Xerardo AgraFoxo sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville.     «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville Despois da excelente e divertida De remate (Premio Xerais, 2015), onde este autor presentaba unha trama en que mesturaba a realidade galega actual coa crítica máis acerba dalgúns comportamentos políticos, agora nos chega unha obra ben distinta.

O regreso á actualidade dunha das personalidades claves do século XIX, que aínda permanece inxustamente esquecida: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville.   Crítica de «Nova Nursia» (Héctor Cajaraville, Xerais)   Hai figuras que trascenden a súa epoca, ou que se di que viven adiantados á súa época. O nome de frei Rosendo Salvado é un deses.

Héctor Cajaraville: «As follas de eucalipto e as saias do cura ocultaron, por igual, a figura formidable de Salvado.» Entrevista de Montse Dopico no diario «Praza Pública» sobre «Nova Nursia»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Héctor Cajaraville arredor da súa última novela, Nova Nursia, e da obra infantil Kusuma, gañadora da última edición do Premio Merlín. Na entrevista tamén se fai referencia a outros títulos deste autor en Xerais: Quen dá a quenda?, A caixiña dos rancores e Once portas.

Héctor Cajaraville: «Frei Rosendo Salvado foi o primeiro valedor dos aborixes australianos.» Reportaxe en «ZigZag Diario» sobre «Nova Nursia»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville. A reportaxe pode verse nesta ligazón.