Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: novela

María Canosa reinvidica a figura dos avós en «Muriel». Crítica de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre a novela  Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.

Iria Misa: «A lectura debe deixar un pouso, algo sobre o que reflexionar, cando rematas o libro»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez á escritora Iria Misa sobre a súa nova novela Segredos no Solpor.   Iria Misa: «Creo que a lectura dunha historia debe deixar un pouso, algo no que reflexionar cando rematas e a pechas o libro» Iria Misa Peralba (Gondomar, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario.

Un personaxe entrañable, humor e prosa fluída: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga, ilustrada por Jacobo Fernández Serrano.   «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga Toda iniciativa que teña que ver coa promoción da lectura para os máis novos, sempre é de agradecer, pois significa apostar polo futuro máis inmediato do que eles formanparte.

Suso de Toro ou rexurdir en plena forma para seguir sendo el mesmo: a novela «Fóra de si». Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela a novela Fóra de si, de Suso de Toro.   A volta de Suso de Toro Un nunca creu na retirada de Suso de Toro hai oito anos, non, quen  leva o bicho dentro non ten máis remedio que deixalo aflorar máis pronto ou máis tarde.

Ruptura de roles: «A cazadora de estrelas», de María Canosa. Crítica de Marta Neira Rodríguez

Marta Neira Rodríguez publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre a novela infantil A cazadora de estrelas, de María Canosa, ilustrada por Dani Padrón. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Xosé Cobas: «’A nena do abrigo de astracán’ é unha novela moi madurada, moi traballada ao longo de moitos anos, pna procura daqueles os matices que a fan redonda»

O programa Diario Cultural da Radio Galega, emitiu unha ampla reportaxe con entrevistas a varias voces sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. As persoas que falan sobre a novela son Martin Pawley, Xosé Cobas, Berta Dávila, Pepe Coira e Manuel Bragado. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha novela para un posto sobranceiro: «As sete mortes de Leopoldo Pardo», de Jorge Emilio Bóveda. Crítica de Vicente Araguas

 O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela As sete mortes de Leopoldo Pardo, de Jorge Emilio Bóveda. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Suso de Toro: «Escribín esta novela porque tiña ganas de volver imaxinar vidas»

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Suso de Toro sobre a súa novela Fóra de si. (Foto Xoán Álvarez / Faro de Vigo). A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Jorge Emilio Bóveda: «Escribo por puro amor á arte e por tratar de preservar a lingua galega»

O xornal La Región publicou unha entrevista de Laura Fernández ao escritor Jorge Emilio Bóveda, autor da novela As sete mortes de Leopoldo Pardo.

O escritor Cid Cabido gaña o Premio Ánxel Fole de Narrativa Breve coa novela «Tres pintores»

O escritor Cid Cabido gañou esta pasada fin de semana o Premio Premio Ánxel Fole de Narrativa Breve, que convoca o Concello de Lugo, coa novela Tres pintores e regresa á narrativa logo de nove anos de silencio.

9 libros infantís de Xerais na Selección 2017 de GALIX e a OEPLI

A OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, canda as súas organizacións territoriais, como GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) acaba de facer público a súa escolla e selección de 2017 nun catálogo dos mellores libros publicados, presentado na Feira de Boloña.

A novela «Fóra de si», de Suso de Toro, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela Fóra de si, de Suso de Toro. O programa pode verse nesta ligazón.