Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: novela

Iria Misa: «Aínda que a protagonista afronta situacións adversas, esta novela é un canto ao optimismo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista á escritora Iria Misa co gallo da presentación da novela Segredos no solpor. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Sempre existe algunha razón que nos empurra á aventura para achar o que o mundo nos oculta: «Ceiba de luz», de Manuel Lourenzo González. Crítica de Giulia Verazzo

Giulia Verazzo publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre a novela xuvenil Ceiba de luz, de Manuel Lourenzo González. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Marga Tojo: «Cada unha ten que ser nai como queira ou como poida.»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Marga Tojo sobre o seu libro Maternidade fóra de catálogo.   Marga Tojo: «Reducir a maternidade a unha guerra entre malas nais e hipernais non axuda.

Un escenario no que percorrer con abraio os camiños do amor, a vinganza, o odio, a traizón ou a morte: «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras.   A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras Descoñezo a sorte que correrá «A crueldade de abril» e se se converterá, ou non, nun libro importante, mais atesoura méritos que, ao meu ver, o sitúan entre o mellor do autor ata o de agora.

Unha presa de contos que non deixarán a ninguén indiferente: «Elefante», de Manuel Darriba. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Elefante, de Manuel Darriba. Manuel Darriba, «Elefante» Outravolta, Manuel Darriba presenta un traballo peculiar que responde á súa particular visión do mundo narrativo, que é tanto como dicir do mundo en xeral. E faino a través dunha presa de contos que non deixarán a ninguén indiferente.

Novidade: «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras. Unha historia salvaxe atravesada por unha estraña e clarividente poesía da crueldade

A novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras, é unha novidade de Xerais Narrativa. Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares, cae axiña no esquecemento. Ninguén se concentrará nunha praza pola parella. Ninguén se indignará nun programa de televisión.

Unha homenaxe literaria á historia recente do país: «O trapecista da malla de rombos», de Alberte Canal. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela de Alberte Canal O trapecista da malla de rombos. Recensión: Alberto Canal, «O trapecista da malla de rombos» Alberto Canal regresa ó catálogo de Xerais dous anos despois do seu anterior título, que persoalmente recomendo moitísimo, O amor nos escuros días de Birkenau (Xerais, 2016).

Novidade: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Tras «A antesala luminosa», nova entrega da serie protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro

A novela Un home estraño, de Antonio Tizón, é unha novidade de Xerais Narrativa. VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira” O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino.

Antonio Tizón: «Esta novela está dedicada á xente que naceu a partir dos anos 80 que non ten memoria histórica deses anos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela Un home estraño, Premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

María Canosa reinvidica a figura dos avós en «Muriel». Crítica de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre a novela  Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.

Iria Misa: «A lectura debe deixar un pouso, algo sobre o que reflexionar, cando rematas o libro»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez á escritora Iria Misa sobre a súa nova novela Segredos no Solpor.   Iria Misa: «Creo que a lectura dunha historia debe deixar un pouso, algo no que reflexionar cando rematas e a pechas o libro» Iria Misa Peralba (Gondomar, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario.

Un personaxe entrañable, humor e prosa fluída: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga, ilustrada por Jacobo Fernández Serrano.   «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga Toda iniciativa que teña que ver coa promoción da lectura para os máis novos, sempre é de agradecer, pois significa apostar polo futuro máis inmediato do que eles formanparte.